Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en
Proyecto de xornalismo MB2

Libros de Praza & Meubook e o xornal dixital praza.com comparten esta iniciativa editorial para publicar anualmente unha ducia de libros de contido xornalístico.

Praza Pública & Meubook quere estimular a escrita xornalística alén das páxinas do xornais e as revistas e as pantallas dos nosos computadores e darlle lugar no formato libro.

Quérese así dar soporte en libros de pequeno formato e prezo reducido aos diversos xéneros periodísticos, desde a crónica e a reportaxe de interpretación ás entrevistas, as columnas de opinión ou o ensaísmo xornalístico, e acoller ademais temáticas socias, culturais e políticas variadas.

Libros de Praza & Meubook define unha redacción transversal na que colaboran profesionais de distintos medios de comunicación impresa ou dixital, entre outros fan parte do seu catálogo David Reinero, Cristina Huete, Anxo Lugilde, Montse Dopico, Héctor Juanatey, Santiago Jaureguizar, Miguel Pardo ou Marga Tojo.

Esta iniciativa editorial é, asemade, unha aposta por facer xornalismo en lingua galega como unha achega para consolidación dun espazo de comunicación propio de Galicia.