Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en
precio
16.02 €
tipo de artículo
categoría
formato
valoración

4.7/5 (3 votos)

¿Te gusta este producto?
  • Currently 0.00/5

0.0/5 (0 votos)

características

Feministas e libertarias reúne ensaios inspirados pola liberdade de sexo e por todas as demais liberdades, é dicir, pola liberdade total, e ten como obxectivo convencer dos beneficios que toda a humanidade obtería coa desaparición da opresión causada polos múltiples poderes que matan e impiden a vida libre, comezando pola opresión sexual.

Os ensaios aparecen dispostos combinando as ordes cronolóxica e temática, e divididos en tres apartados, “Musa feminista”, “Musa libertaria” e “Musa Memoria”, que cos seus nomes queren subverter o mito máis coñecido das musas que inspiran a imaxinación nas artes e nas ciencias. Estas tres musas novas representan a real sabedoría activa das mulleres e de todas as persoas que trouxeron e traen liberdade ao mundo, e priman cada unha un enfoque móbil que procura sempre o lugar da liberdade dos sexos.

O amor á liberdade e á solidariedade humana que move estes escritos quere avogar pola propagación dunha sabedoría humanista que busca a resolución dos problemas sociais básicos con dignidade integral e profunda. Unha sabedoría humanista que combine, con intelixencia e flexibilidade, os principios da igualdade de dereitos e do respecto ás diferenzas para todas as persoas. Unha sabedoría que recolla con apertura todas as potencialidades humanas positivas dos bens que nos deu a diversidade cultural; que rexeite todos os males, sexan globais ou identitarios, de xénero feminino ou masculino, de clase alta ou baixa, xudeos ou árabes, xitanos ou paios, heterosexuais ou homosexuais…; e que mellore a vida cos coñecementos máis avanzados exentos de prexuízos. Polo progreso en paz libre e xusta para toda a xente. Con amor e sen odios nin autoodios. Polo movemento imparable da mellora do mundo. Con todos os brillos do pasado e os esplendores do presente, no ronsel dos avances do mellor da República e da esquerda máis libertaria.

Sofía Casanova, galega de nación, polaca de adopción, na corte dos zares, testigo da revolución rusa, entrevistando a Trotski... qué mulleres!

anxo hace 3257 días