Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 139

April 30, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 139. Pedal

Pedal: en certos mecanismos, peza que se acciona co pé e que serve para transmitir o movemento ou para facer que funcionen outras partes. Tes que engraxar ben o pedal para se mova con máis facilidade.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-      Tes razón, de agora en diante intentarei correxirme – dixo Oriol con medo de fastidiar aínda máis a situación.

 

-      ¿Intentarás? – saiulle un berro de carraxe a Marta.

 

-      Fareino – prometiu Oriol pensando que igual esaxeraba.

 

Marta non llo criu de todo, ó final se quixera facelo xa o tería feito; pero unha vez dado o paso de soltarlle o sermón non había marcha atrás, non lle ía pasar nin a primeira. Aínda que tamén sabía que a decisión de consentirlle a deixadez ou darlle porta íalle custar, naquel momento dicíase a si mesma que non, pero no fondo sabía que si. Oriol sospeitábao, coñecíaa, pero non pensaba correr o risco de que unha vez collida a carreira pisase a fondo o pedal e o deixase atrás; confiaba en que o seu amor fose máis forte que o xenio, pero non ía correr o risco.

 

Cinco ou seis viaxes máis deixaron as reliquias máis queridas de Marta agachadas na habitación segreda da bodega. O baleiro desvestía o señorío da gran mansión convertíndoa nun gran almacén con molduras exquisitas e frescos marabillosos. Parecía máis pequena, máis fría, máis de ninguén.

 

-      Véndoa así, case invita a marchar – dixo Oriol con medo de volver a meter a pata.

 

-      Si, se o temos que facer, mellor canto antes – dixo Marta con tristura.

 

-      Vou preparar todo – Oriol acariñoulle o brazo a modo de despedida.

 

Saiu pola porta decidido a sacar de Noel toda a axuda que precisaba.

 

-      Meu ¿non che dixera que mellor te apañaras como puideras? – Noel falaba canso.

 

-      Non me cabrees Noel, marchamos mañán e non estou para perder o tempo, non quero correr riscos innnecesarios – Oriol falaba con voz firme.

 

-      Non me cabrees ti a min, sabes de sobra por onde moverte sen implicarme, non entendo porque te empeñas en arrastrarme, estou comezando a pensar que o único que queres e desfacerte de min, que dea un paso en falso e borrarme do mapa – enfadouse en serio Noel.

 

-      Está ben – rendiuse un Oriol que non tiña o día de ganar – tirarei por onde me pareza, se iso afecta en algo á vosa organización, jodédevos.

 

-      Fai como vexas, xa cho dixen – Noel pasaba de todo.

 

A Oriol non lle fixo gracia a segunda negativa de Noel a axudarlle.

 

-      Virás chorando despois, coma sempre – despreciou Oriol

 

-      Non, non te confundas, os que choran son os outros, a min tanto me ten – ofendiuse Noel.

 

Oriol desembarazouse das obrigas que lle tiña á organización e decidiu facer a guerra pola súa conta. Como ben lle dixera Noel, tiña ferramentas de sobra para saír.

 

-      Marta, marchamos – dixo nada máis pechar a porta.

 

-      Vale – respondiu un eco desde o fondo do corredor.

 

Marta saiu vestida con roupa escura e botas de montaña. Oriol non se daba afeito a unha muller decidida e segura.

 

-      As mochilas están na cociña, botei a comida que quedaba, espero que chegue ¿teremos que andar? – pregountou Marta.

 

-      Non, en principio non. Trataremos de saír coma sempre, non creo que nos poñan problemas, coñezo xente dabondo na garda para que non pase nada – falaba Oriol en modo profesional.

 

-      ¿E se pasa? Quero dicir, igual é mellor non chegar ó punto de ter que depender de que algún compañeiro teu lle dea por non facer a vista gorda, ou se acojone e nos delate – poñíase seria Marta.

 

-      Non chegará ese punto, e se chega – Oriol dou unhas palmadas no costado sinalando á súa eterna compañeira.

 

-      Ti es o experto – zanxou Marta sen darlle moito crédito.

 

Oriol sacou do garaxe o antigo coche de Adina. Non era raro que os do goberno se despreocupasen del, nin que non asignaran a Oriol a outro destino; non no caso de Oriol, que aínda estaba dentro do círculo de confianza; no caso do coche, non eran de cousas de segunda man, mellor mercarían outro no estranxeiro, para iso estaban os cartos, daban mala sorte as cousas dos mortos; por iso, tamén, León e Beda aínda tiñan un teito baixo o que durmir se non marchasen.

 

-      A vila non está lonxe, a uns vinte quilómetros da fronteira – explicaba Oriol – de aí seguimos ate saír do país, salvo que esteas cansa e queiras parar a durmir.

 

-      ¿A que distancia está a fronteira? – preguntou Marta.

 

-      A uns corenta aproximadamente, un pouco máis se quixésemos cruzar polos buracos de seguridade, a alambrada establece unha marxe duns cinco quilómetros – Oriol falaba de maneira mecánica, coma o garda que era.

 

-      ¿Chega o combustible? – preguntaba unha Marta que parecía querer controlar todos os detalles.

 

-      Si, ten o tanque cheo, se é preciso podemos incluso saír do país por terra – explicou Oriol.

 

-      ¿Por terra? ¿Se non como? – preguntou emocionada a Marta inocente que lembraba Oriol.

 

-      En barco ou helicóptero, aforraríamos uns cen quilómetros – respondiu Oriol contendo a alegría de vela de volta.

 

Marta non falou máis, apoiu a cabeza contra o portelo blindado do coche e perdiu a mirada soñadora nun horizonte emocionante. Oriol observábaa de reollo calculando se lle resultaría máis fascinante o aire ou o mar.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)