Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 129

February 13, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 129. Distraída

Distraída: que distrae ou fai pasar o tempo de modo agradable. A partida foi tan distraída que amenciu sen decatarnos.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

Hugo foi capaz reaccionar con axilidade, sabendo da súa influencia sobre Sal e tendo ganado a Fran.

 

-  Eu estareivos moi agradecido – baixou a man ate o xeonllo de Sal nun momento en que Fran miraba para outro lado.

 

-  Non se trata diso – dubidaba Sal distraído polos dedos de Hugo.

 

-  ¿De que se trata logo? – case susurraba Hugo.

 

Sal estaba a piques de responder cando un leve movemento da cabeza de Fran fixo retirar a man de Hugo cun acto reflexo. Sal aínda contiña o respirar e miraba a Fran con ollos tenros para ocultar a case infidelidade. En realidade non facía falta, Fran pensaba no seu propio ascenso dentro da organización, nin sequera reparara nas posibles escuras intencións de Hugo.

 

-  Está claro que nos somos os que maior risco corremos – repetiu en alto Fran coma seguindo un razoamento mental.

 

-  Eu xa volo dixen – apurou a atar Hugo.

 

-  É que a nós vainos coñecer de todas todas, e as tolas estas teñen a posibilidade de ir a onde queiran – seguía razoando.

 

-  ¡Exacto! E vós non – amarraba con doble nó Hugo.

 

-  É moi perigoso – poñía pose de interesante Fran.

 

Sal mirábao asombrado pola escenificación que estaba presenciando, el esaxerara o do perigo por ocultar a recuada, pero non acertaba a entender os motivos de Fran para intentar facerse o interesante. Chegou a pensar por un segundo que Hugo era o motivo, desbotouno ó fixarse na mirada perdida. Coñecía aquela mirada perdida, Fran estaba argallando algo.

 

-  Terás que relocalizarnos – púxose profesional – o máis probable é que queiran eliminar toda a organización, unha vez acaben con elas virán por nós, se non nos atopan xa non poderán acceder a ninguén máis, seremos o cortalumes  ¿non sei se me entendes?

 

Sal chegara a sentir certo arrepentimento polo seu número dramático, pero aguantaba con verdadeira dificultade a risa fronte ó que estaba escoitando.

 

-  Si, esa é unha idea moi intelixente – seguíalle a corrente un Hugo tamén sobrado de ansia por ser interesante – creo que coñezo a alguén que nos pode axudar a conseguirvos un novo piso, igual algo máis grande, quizais un pouco máis céntrico.

 

Hugo falaba máis coma un vendedor de mercadoría de segunda man en mal estado que o suposto líder da resistencia que aspiraba a ser; pero á súa audiencia doulle igual, nin o percibiron. Pensaba en aquel amigo dun amigo de alguén que coñecía o seu pai para xestionarlle un novo piso ós seus amigos. Por suposto diríalles que o piso llo facilitara a organización gracias a que el o pedira por suposto.

 

O pai de Hugo non estivo pola labor de sumarlle máis favores á débeda que acumulara pola súa culpa. Foi un duro golpe, supúxolle un esforzo co que non contaba, non tiña nin idea de como conseguirlles o piso que lles prometera e menos aínda tiña intención de confesarllelo.

 

-  Nico, tío, tes que saber dalgún – medio suplicaba.

 

-  Joder macho, méteste en cada unha... – ría Nico.

 

-  Si, paseime meténdolles medo e despois non souben como baixarme do carro, e o Fran non creas que me dou marxe, plantoume o da “relocalización” e quedei atrapado nas miñas propias fantasías – lamentaba Hugo.

 

-  Pois dilles que non hai ningún, que afronten os problemas coma homes, que fuxir e de covardes ou, mellor, dilles que é máis seguro permanecer no mesmo sitio porque escoitaches que o goberno estaba vixiando moito as mudanzas e tal – suxeriu Nico.

 

A Hugo pareciulle boa idea, pero o seu orgullo púidolle máis e dedicouse a buscar e buscar pisos ate que atopou un que cumpría cos requisitos de igual máis grande quizais máis céntrico. A diferencia de prezo era grande, pero considerouno un dato insignificante e coma tal tivo moito coidado de non mencionarllelo. Cando recibisen os primeiros recibos xa estarían instalados e afeitos ás comodidades do seu novo fogar, o suministro eléctrico había ser mellor, igual habería momentos de calefacción e quen sabe que máis melloras. Estaba seguro de que nin lle darían importancia ó prezo, nin llo mencionarían sequera.

 

Gustoulles, gustoulles tanto que a Sal esvaecíuselle a dor pola traición e a Fran o medo a que os perseguise o goberno. Cousa que relaxou a Hugo e lle permitiu seguir co seu plan. Plan que basicamente consistía en esperar con certo grao de alerta a que pasase algo. E sentiuse victorioso ó recibir a chamada de Cira comunicándolle que eu non aparecera pola chabola en toda a noite seguinte á do sinal de alerta. Anticipou a miña morte cando eu nin sequera chegara a alambrada da fronteira e pesoulle ó volver a escoitar a Cira, esta vez, ca mala nova de que eu seguía por alí.

 

-  Que raro é isto – falaba só.

 

-  ¿O que? – preguntaba con paciencia Nico.

 

-  A tonta esta di que Rita sigue aquí e os de fóra din que está fóra – trataba de encaixar as pezas un Hugo incapaz de razoar.

 

-  Pois vaia fontes tes, os de fóra non coñecen a Rita así que poden estar vendo a calquera e Cira porque lle prestes atención diche o que faga falta – despreciaba Nico.

 

-  É certo, non a coñecen, igual non saiu – tranquilizouse Hugo.

 

-  Claro, non sabemos de ninguén que saise da cidade – bromeou Nico.

 

-  ¡Exacto!  ¿Como ía saír Rita se non nos enteramos? – embobábase ca súa propia grandeza Hugo.

 

-  Porque a sacou un garda amarelo, dixéroncho ¿non lembras? – metía cizaña Nico.

 

Hugo non lle prestou atención, se tiña razón e estaba fóra xenial, se a razón a levaba Cira non pasaba nada.

 

-  ¿Porque non lle dis a Cira que a mande ben lonxe? – preguntou Nico.

 

-  ¿A quen? – estrañouse Hugo.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)