Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 126

January 20, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 126. Afervoar

Afervoar: infundir fervor ou ánimo. O xogo do equipo afervoaba o público.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

Hugo tivo bo coidado de chamar á moza a primeira hora da mañá, escusouse no alcohol e na mala influencia de Nico, lembroulle o felices que eran e unha vez restablecida a cordialidade preguntoulle por Siena. Interpretou o “non a coñezo” coma un resquicio dos fiumes e non insistiu para non enturbiar a paz que acabara de conseguir.

 

A baixada de fumes da noite anterior precipitou a súa ansia de poder, non estaba disposto a renunciar ó seu soño de grandeza, non quería renunciar a sentir a multitude afervoándoo ó seu paso. Diante dun papel en branco trazou unha liña vertical, na parte da dereita establecería o plan que o encumbrase, na parte da esquerda as respostas que lle daría a Siena na seguinte visita. A columna da esquerda medraba, a da dereita seguía en branco. Seguía en branco porque en realidade non sabía como facer, sabía que quería eliminar ás outras seccións e evitar que lle volvesen enviar unha controladora, e liberar a cidade por suposto.

 

A solución, como sempre lle pasaba, veulle dada, tempo despois do que calculara e case lle pasou desapercibida. Un día repousando o xantar enriba da mesa do almacén abandoado do goberno amarelo, recibiu unha chamada de Noel.

 

-  Non sei se che interesará, pero acabamos de recibir unha chamada dun número oficial – soltou Noel con aquela voz metálica.

 

-  ¿Como unha chamada dun número oficial? ¿Que coño pasou? ¿Por que non activáchedes o protocolo de emerxencia? ¿Por que me estás chamando aquí? – desesperaba Hugo.

 

-  Tío, creo que non me entendeches, que a chamada é para pedirnos axuda – explicaba aquela voz desagradable.

 

-  ¡É unha trampa! ¡é unha trampa! – aleteaba un Hugo histérico.

 

-  ¡Que non ho! – tranquilizaba sen entusiasmo Noel – que ven de parte de Oriol.

 

-  ¿E desde cando iso é unha garantía? – preguntaba un líder que debería ser exemplo de templanza.

 

-  A ver, que se non che interesa seguimos os cauces normais e punto, eu dicíacho porque como estás falando sempre diso do golpe ó goberno e tal – Noel falaba canso.

 

-  ¿Quen é? – emocionouse Hugo pensando que o líder quería concertar unha entrevista con el para negociar a súa rendición.

 

Decepcionouse cando Noel lle explicou que era o marido da que acababan de matar, a dicir verdade Hugo nin sequera sabía que acababan de matar a Adina ningunha.

 

-  Mira, non teño tempo para as túas dúbidas, nós temos que seguir co noso, se te decides chámasme – colgou Noel.

 

A Hugo non lle gustaba Noel, era un ser lacazán e irreverente cunha voz desagradable; pero a súa mente perversa esqueciuno nuns segundos e centrouse en analizar o que podía sacar de bo de aquela oferta.

 

-  ¿Que clase de axuda vos pediu o tipo? – preguntou directamente Hugo ó recoñecer aquela voz inconfundible.

 

-  Nada, tonterías, que di que bota de menos á muller e que se lla podemos devolver – respondiu sen ganas Noel.

 

-  Pero iso non o podemos facer ¿non? – preguntaba en serio o Hugo que pretendía ser un gran líder.

 

-  Non, milagres aínda non facemos, a ver se as rapazas o poden mandar ben lonxe, para que nos deixe tranquilos, se non se acovardou xa, claro – Noel mostraba o seu escepticismo.

 

-  ¿E non será mellor dicirlle que non podemos facer nada? – preguntou Hugo.

 

-  Dicir, dixémosllo, pero choromica e non da arrancado – explicaba Noel – nos tiramos para adiante e unha vez feito que apande co resultado, sen a muller xa está así que non o imos empeorar.

 

-  Vale, falo eu con Fran e Sal e cóntolles – ofreciu con falsa amabilidade Hugo.

 

Noel colgou sen agradecerllo porque non saía del ser agradecido, aínda que lle viña ben o aforro de xestións que supoñía que Hugo organizase do seu contacto en diante.

 

Hugo comezou a pensar con axilidade, estaba convencido de que se o home pensaba en reunirse ca muller ía volver ó pasado quixese o que quixese a soñadora. Supuxo, porque lle conviña, que o destino o elixían as persoas e non nós. Partindo desa premisa, o home calculou canto tardaría unha líder do goberno amarelo en liquidar a persoas tan perigosas unha vez as tivese localizadas. Desfacerse das soñadoras representaba eliminar a principal vía de escape da resistencia incómoda, representaba que o goberno lle ía eliminar a competencia. Non tivo en conta, por suposto, que eliminaba tamén a súa propia vía de escape, conformou con saber que pasase o que pasase a culpa levaríaa a soñadora que enviou a unha persoa ó pasado en lugar de ó futuro como debía. Falou con Fran e Sal para que elxisen eles a encargada de realizar a última parte do traxecto de aquel home desesperado. Involucrounos facéndoos partícipes da súa grande visión, convencéndoos co seu atractivo natural de que había certa xente do seu lado que sobraba, deixándolles claro que eles eran dos imprescindibles e que as outras o único que facían era limitar o seu potencial e difuminar os seus éxitos.

 

-  A xente pensa que elas fan todo o traballo e vós ben vedes... – soltaba Hugo coma non querendo darlle importancia.

 

-  Eu non estou seguro de que funcione como dis ¿e se o manda ó futuro? – preguntou Fran.

 

-  Se o manda ó futuro, nada, terémolas que seguir aguantando – respondiu Hugo.

 

Sal non falaba, sentíase incómodo, algunhas eran amigas del, das amigas de verdade; tampouco estaba seguro de que levasen todo o mérito nin de se había méritos que levar.

 

-  ¿E se en lugar de acabar con elas as torturan ate que cheguen a nós? – preguntou Fran.

 

Ese era un punto no que Hugo no apuro non pensara.

 

-  A vós vaivos coñecer de todas todas, ademais, se lle mataron á muller é que non ten poder para facer nada, o importante é que volva ó punto no que a muller aínda é do goberno e lle conte o que pasou – explicaba Hugo.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)