Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 123

December 30, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 123. Volátil

Volátil: que se evapora ou pasa con facilidade ó estado de vapor. Un álcali volátil.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-  Tampouco creo que o busque – respondiu Froilán collendo o boneco.

 

-  O problema é que non sabe o que busca – dixo César mirando como Froilán daba voltas nunha chave diminuta que tiña por detrás.

 

-  Andará – sorriu divertido Froilán poñendo o xoguete no chan.

 

Pero non andou, aquela canción volviu soar e César palideciu ate o punto de requerir o apoio dunha parede para non esvaecer.

 

-  ¿Estás ben? – preguntou Froilán agarrándoo polo brazo.

 

César non respondiu, faltáballe a respiración, había anos que non a escoitaba. Viñéronlle a cabeza lembranzas de cancións soando con eco no vello taller do seu pai. Aqueles discos que gravaba a nai con cancións que lle gustaban para evitar as interferencias do reforzo metálico da construcción no sinal da radio.

 

-  ¡Marchamos! – ordeei entrando na habitación - ¿que fai o xoguete no chan? Tede coidado de non pisalo.

 

Recollino e volvino poñer enriba da cama onde o deixara o meu avó. Dei a volta e vin a Froilán agarrando o brazo de César coma se fose unha vella viúva nun funeral.

 

-  ¡Andando! – repetín.

 

-  Parece que o noso novo compañeiro de viaxe vai precisar algo de repouso, vese que non é tan duro como parece – medio bromeou Froilán.

 

-  Pois non podemos quedar aquí, é demasiado perigoso, se o meu avó volve... – púxenme nerviosa.

 

-  Seguro que se che ocorre unha boa explicación, saca o boneco da cama se lle tes tanto aprecio e axúdame a deitalo antes de que lle dea un ataque e se me quede nos brazos – Froilán comezaba a irritarse.

 

Apartei o xoguete para a mesiña de noite e axudeille tal como me pedira. César era un peso morto que se deixaba manexar aínda que parecía consciente.

 

-  Tráelle algo de beber – pediu Froilán nun ton máis amable.

 

Volvín facer o que me pediu.

 

-  ¿Que lle pasou? ¿Que lle fixeches? – pregunteille a Froilán mentres César bebía.

 

-  Nada, ¿que coño lle ía facer? Non sei que ten o xoguete ese, eu deille corda, pensei que andaba, por iso o puxen no chan, pero soou unha musiquiña e non sei se foi por iso ou pola viaxe, cando me decatei estaba apoiado contra a parede e tan branco como o ves – resumiu Froilán.

 

Non era capaz de sentir compaixón e menos por un César que me acababa de rexeitar con tanta frialdade, e sobre todo porque no fondo pensaba que o tiña ben merecido por non crer o que lle contaba.

 

-  ¿Estás ben? – interesouse Froilán.

 

César non respondiu, deixou o vaso enriba da mesiña e encolliuse ate xuntar a cabeza cos xeonllos. Froilán miroume buscando un pequeno signo de humanidade sen saber que en min era tan volátil que se evaporaba ó asomar. Tirou de min para fóra da habitación.

 

-  Mellor deixamos que descanse – dixo.

 

-  Como queiras, parece mentira que agora sexa eu a que che teña que explicar os riscos – rosmei.

 

-  Non mos tes que explicar, ben os sei, pero mira como está – dixo mirando a César.

 

Se fose eu cun par de berros solucionábao, pero non me dou tempo a dicirllo; un ruído na porta da entrada paralizounos.

 

-  ¡Sácanos de aquí! – suplicou en baixo Froilán agarrándome do brazo.

 

Pechei os ollos e concentreime en marchar, pero ó abrilos seguíamos alí e os ruídos na porta daban voltas ó fecho poñéndome máis nerviosa. A man de Froilán apertaba forte.

 

-  Non son capaz – asasineino ca mirada.

 

Soltoume o brazo e metiuse na habitación con César pechando a porta detrás del, deixándome soa fronte á misteriosa visita. O ruído do fecho parou e a porta comezou a abrirse. Eu mirábaa paralizada, sen capacidade para reaccionar. A modo apareciu o meu avo, canso, cos ollos case pechados e a cabeza baixa. Miroume cun leve xesto de sorpresa, doume un bico de boas noites e pechouse na súa habitación. Sen facer preguntas, sen pedir explicacións, sen falar.

 

Na habitación, Froilán miraba pola fiestra agochado detrás da cortina e César estaba sentado na cama mirando ó xoguete que me fixera o avó.

 

-  ¿A onde imos? – preguntei.

 

-  Lévame de volta – pediu César.

 

-  Si, vai ser o mellor, vese que non che sentan moi ben as viaxes – dixo Froilán sen torcer a cabeza cara nós.

 

Intenteino con forza pero non puiden, nin ó tempo de César nin a ningunha parte.

 

-  Seguramente estás demasiado cansa. Déitate e durme algo – medio ordeou Froilán.

 

-  ¿Quen entrou? – preguntou César.

 

-  O meu avó – respondín tirando das mantas para facelo erguerse.

 

Fíxoo, non se apartou moito, coma se temese que lle volvese dar un mareo e quixera ter preto algo brando sobre o que caer. Doume igual, metinme dentro e intentei durmir.

 

-  ¿Como se chama a canción? – preguntoume César.

 

-  ¿Que? – incorporeime.

 

-  A canción que toca ese xoguete ¿como se chama? – aclarou César.

 

-  Non o sei – respondín.

 

-  ¿Como se chama o teu avó? – insistiu César.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)