Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 120

December 11, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 120. Subliñar

Subliñar: facer unha liña horizontal por debaixo dunha cousa escrita para chamar a atención sobre ela. Subliñou os parágrafos que lle pareceron máis interesantes.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-  Tranquila, tranquila – Damián intentaba apartar a cabeza da pistola.

 

-  ¿Quen che dou a nota? – insistiu Beatriz.

 

-  ¿A nota? A nota, non sei, creo que a escribín eu – balbuceaba Damián.

 

-  Non, eu coñezo esta letra e a ti non te coñezo – alterábase Beatriz.

 

-  Creo que a escribín eu – repetía Damián.

 

Beatriz acelerábase dun lado para o outro, nerviosa, desesperada. Mirando a pistola, mirando a cabeza de Damián, lembrando as palabras de Domingo pedíndolle que aguantase as ganas de ventilalo ate sacarlle toda a información que precisaban.

 

-  Non sei moito, a verdade – dixo Damián refregando a cabeza contra o respaldo.

 

-  ¿Como? – preguntou Beatriz.

 

-  Que non teño moito que contarche, só son un garda, a poucos segredos podo acceder – respondiu Damián.

 

Beatriz mirábao tratando de lembrar se realmente estaba pensando o que ela pensaba que pensara ou se lle escapara dicilo en alto sen decatarse.

 

-  Non, en alto creo que non o dixeches – subliñou un Damián que comezaba a descubrir a súa posición de poder.

 

Beatriz sentiu o pánico apoderándose dela e viu esvaecerse a inseguridade na mirada de Damián. Trataba de non pensar, pero pensaba. Quería pedir auxilio pero tiña medo de que realmente Damián estivese lendo o que ela pensaba, tal como lle parecía.

 

-  ¡Como me doe a cabeza! – chorou Damián de novo.

 

Beatriz tranquilizouse, decidiu que era unha coincidencia que Damián repetise o que ela pensara, só era un miñaxoia con dor de cabeza.

 

-  Mira, xa me vou fartando das túas queixas, preciso saber quen é a muller que trouxeches e por que a trouxeches, canto antes fales mellor para ti – soltou a modo de ultimatum Beatriz.

 

-  ¿Ti cres? ¿e que vou sacar eu de bo? Ídesme matar ¿non? Pois iso, para que vou dicir nada – falaba un Damián derrotado.

 

-  Ti verás, do contenta que eu estea depederá o que tardes en morrer – ameazou Beatriz.

 

-  Non creo que tarde moito ¿non correrás o risco de que che dea un ataque e me zafe, a que non? – soltou Damián con voz cansa pero firme.

 

Beatriz sentiu que confiara demasiado nas súas habilidades como interrogadora, ate aquel momento nunca lle fixera falta insistir. Os outros gardas estaban tan desubicados cando caían nas súas mans que había que taparlles a boca para que parasen de falar. Ningún se parara a razoar que falar non lle ía salvar a vida. Ningún se parara a razoar.

 

-  Mira, que di que como vai morrer igual que mellor cala – chamou Beatriz a Domingo.

 

-  Teremos que ir por aí daquela, saiu espabilado o home – dixo Domingo.

 

-  Xa che digo, cheguei a pensar que me lía a mente – confesou Beatriz.

 

-  ¿Por que pensaches tal? – interrogou Domingo serio.

 

-  Non, por nada, doume a impresión de que respondía a cousas que eu pensaba, pero só foi un instante, despois volviu queixarse de que lle doía a cabeza e xa me pasou a paranoia – explicou Beatriz.

 

-  Non, isto é máis grave do que pensas, non penses en nada, concéntrate nunha canción que che guste e non pares de cantala ate que cheguemos ¿entendido? – ordeou Domingo.

 

-  Moi entendido non queda, pero se iso serve para suavizalo pois nada, cantarei – medio bromeou Beatriz.

 

-  Non é coña, canta mentalmente unha canción e non pares, non penses noutra cousa – colgou Domingo.

 

A tontería que lle parecera a Beatriz falando por teléfono fíxoselle menos ó dar de fronte ca mirada fixa de Damián. Como lle ordeara Domingo repetiu insistentemente o estribillo dunha canción pegadiza que canturreaba nos momentos de aburrimento.

 

Domingo e máis o resto non tardaron moito. Entraron de súpeto sorprendendo a unha Beatriz concentrada na canción e a un Damián que comezaba a pensar que mellor lle valera falar cando llo pedira a muller miúda.

 

-      Toma, pon isto – Domingo doulle unha especie de casco a Beatriz.

 

-      ¿Que é? – preguntou ela.

 

-      ¡Pono! – ordeou.

 

Beatriz fixo o que lle mandou, era un pouco ridículo, pero tendo en conta que os outros tamén o levaban supuxo que non se trataba de ningunha brincadeira, nin que o obxectivo era matar de risa a Damián.

 

-  É para que non nos poida ler o pensamento – explicou Domingo mirando a Damián.

 

-  Foron imaxinacións miñas, é que me puxen nerviosa – trataba de rebaixar o histerismo Beatriz.

 

-  Non, este tío ten algo, non podemos correr riscos – comezou Domingo – ¿onde está a nota?

 

Beatriz agachouse para coller o papel que tiña o enderezo do Chipirón tratando de manter a distancia con Damián.

 

-  É esta ¿de verdade que estes cascos funcionan? ¿hai xente que le o pensamento? ¿non son contos de vellas? – preguntaba unha Beatriz emocionada.

 

-  ¡Esta é a letra de César! – berrou Domingo.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)