Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 117

November 18, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 117. Pista

Pista: en setido figurado indicio ou sinal que axuda a descubrir algo. Vai precisar algunha pista máis para descubrilo.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-  ¡Hostia! ¡Volviuno facer! – rosmaba Froilán tratando de erguerse.

 

-  Vaime estoupar a cabeza – refregaba César as tempas.

 

-  Tranquilo, nuns minutos pasa – rosmaba Froilán.

 

Mirábaos alucinada, acababa de pasar polo mesmo ca eles e case nin o notara; pero eles estaban derrotados, acabados. Porén, cando dei a volta de redor para ver onde estábamos notei que abaneaba, case me desmaiei.

 

-  ¡Ei! ¡Vai con coidado! – berrou Froilán erguéndose con axilidade.

 

-  ¿Cres que o conseguín? – pregunteille recuperando o equilibrio.

 

Era máis que probable, de redor non había máis luces que algunha estrela.

 

-  Temos que ir con coidado, se o conseguiches o risco é extremo – dramatizaba Froilán.

 

César mirábanos desde o chan, comprobando que o traxe non sofrira demasiado o cambio de localización.

 

-  Non sei como podedes estar de pé, vaime estoupar a cabeza – seguía sen erguerse.

 

-  César, este non é o momento – rifeille coma se fose a súa nai e el un neno malo.

 

Erguiuse sen máis historias, achegouse a nós e tratou de ver na escuridade.

 

-  ¿Onde estamos? – preguntou ó non ver nada.

 

-  Se acertei, estamos nas aforas da cidade, e se estamos nas aforas da cidade hai que comezar a contar cas patrullas da garda amarela – fun de entendida.

 

-  ¿A onde imos agora? – preguntou Froilán.

 

-  A onde queira César, que foi quen quixo vir – seguía índo de sobrada.

 

A cella de Froilán sacou toda a retranca que lle podía botar a un comentario. Pero eu non tiña intención de recuar, se era a única maneira de conseguir que me fixese caso pois adiante.

 

-  O alcalde regaloume un dúplex no centro, ó carón do museo – dixo César.

 

A min doume unha punzada no corazón.

 

-  Non é moi grande, pero dis que é unha zona moi distinguida – seguía César – das poucas veces que andiven por alí tampouco apreciei tanta distinción, pero se el o di.

 

Eu poñíame branca.

 

-  ¿Estás ben? – preguntoume Froilán - ¿pásache algo?

 

-  Estou ben, imos – respondín sen prestar demasiada atención.

 

Pensaba para min se o edificio onde o alcalde lle regalara o dúplex a César sería o mesmo no que o meu avó tiña o taller. Pensaba para min se tiña algo máis en común con César que o seu primeiro traxe. Pensaba se estaba vendo ó pai que non coñecera e as bágoas sairon sen pedir permiso. Froilán mirábame serio querendo volver preguntar se pasaba algo.

 

-  ¿Onde está o museo? – preguntou Froilán en baixo medio querendo desviar a atención, medio intrigado.

 

-  Estaba no sitio do Super Gangas do centro – respondín.

 

-  ¿O que está a uns metros da sede do goberno amarelo? – púxose histérico Froilán – ¿douche unha volta e quedaches tonta ou que?

 

César detívose e mirouno estrañado, non estaba afeito a velo nese estado, el coñecera ó Froilán tranquilo.

 

-  Xa que digas de ir a onde el queira para convencelo me parece unha ida de pinza, pero ¿isto? – alterábase Froilán.

 

-  Perdoade, non é que queira interromper a vosa discusión de namorados, pero ¿a garda amarela chámase así porque van de amarelo?

 

-  Si – respondiu Froilán seco, sen miralo.

 

-  ¿E van en coches amarelos? – seguiu cas preguntas César.

 

-  Todo é amarelo na cidade, todo, desde as casas ate a roupa interior – respondín seca, sen miralo.

 

-  Ah, vale, daquela igual non é unha patrulla da garda – dixo César con sorna dabondo para que nos decatásemos de que o perigo se achegaba.

 

Froilán e máis eu mirámonos a un tempo e tiramos a César ó chan, agachándonos detrás do primeiro monte de pedras que atopamos. César mirábanos con escepticismo, non lle vía o perigo a un coche vello que pasaba unha velocidade inocente, coma se estivésemos montando un teatro barato para convencelo de que toda a paranoia que lle contáramos era certa, coma se lle estivésemos dando pistas falsas para sacar del algo espantoso que non alcanzaba a imaxinar. Froilán miraba o reloxo para controlar cando podíamos saír e cando ía pasar a seguinte patrulla.

 

-  Veña – dixo Froilán tirando de César – temos quince minutos ate que pase a seguinte.

 

-  Menos, se camiñamos cara eles – correxín.

 

-  Pero non imos cara eles, imos ir a un piso franco – soltou Froilán apretando os dentes.

 

-  Non, imos ó seu dúplex – dixen tranquila.

 

César camiñaba mirando como escenificábamos unha pelexa falsa ó seu ver. Froilán recuperara o histerismo de cando estaba enfadado comigo.

 

-  ¿Sabes cal é o edificio? – pregutou César.

 

-  Claro, eu vivo alí, mellor dito, vivín alí toda a miña vida – respondín.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)