Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 116

November 11, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 116. Órbita

Órbita: traxectoria curva e pechada descrita por un corpo no seu movemento. O satélite artificial describía unha órbita próxima á parábola.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-  Claro que che axudamos, eu polo menos – dixo Froilán dándome unha aperta.

 

-  Non, non me axudades, ti segues as ordes da túa organización – roñei.

 

El apartoume para que lle vise a cara.

 

-  ¿De verdade que pensas iso? – preguntou ofendido.

 

-  Xa me dirás que teño que pensar. Estou comezando a pensar incluso que es do goberno e o teu único obxectivo é ir mareándome por aí adiante para que non dea feito nada – respondinlle sen decatarme de que se enfadaba de verdade.

 

-  ¿De verdade? – volviou preguntar máis ofendido.

 

-  Sinto que me empuxas cara non sei onde que non estorbe para non interromper os vosos plans de acapararar a parceliña de poder e se cadra que fos faga algo do traballo pois adiante – seguía despotricando.

 

-  Mira, eu vivía tranquilo, sen complicacións, e asegúroche que a experiencia de case mendigar comida non me resultou do máis gratificante da miña vida ¿sabes? Na miña vida pasei fame, na miña vida – ladraba coma se aquel momento acolledor na casa de César fose mil veces peor que ter un rifle de precisión na caluga ou estar pechado nun cárcere sen perspectivas de sobrevivir.

 

-  Tranquilo ho, tes enerxía dabondo – dixen dándolle unhas palmadiñas na barriga que non tiña.

 

Miroume mal. Tratou de seguir co enfado pero medio sorriu.

 

-  Ti es a que pos o destino ¿como te vou controlar? – dixo nun ton raro.

 

Nun ton raro que daba a entender que si podía controlarme e que, de feito, o facía.

 

-  Se estivese atendendo ós intereses da miña “organización” animaríate a iso de matar os líderes, sería o camiño máis rápido ¿non? – seguía mantendo o ton raro.

 

A min engruñábaseme cada vez máis a mirada.

 

-  ¿Que? ¿A onde imos? – preguntou con confianza poñéndome a man enriba do hombreiro.

 

Caíame ben, gustábame, pode que máis, pero non facía máis que confirmar as miñas sospeitas. Sospeitas que ían e viñan en función da necesidade que tiña del.

 

-  Non sei – dixen facéndome a interesante.

 

Facéndome a interesante e non tendo nin idea de verdade.

 

-  Non é que César non te quixera axudar, é que ten medo – volviu ó ton fiable.

 

-  ¿E ti que cres? ¿que non llo notei? Víase a quilómetros; pero nel é normal – dixen.

 

-  Nel é normal e ¿en quen non é normal? – preguntou a súa cella.

 

Non lle respondín, ben sabía que me estaba referindo a el, tampouco insistiu.

 

-  Vigo dixo que nas reunións do cambio de combustible estaban os do goberno, os do concello e tal. Se o goberno se mantén a marxe, a cousa ten que estar entre os da empresa e os do concello – razoei en alto.

 

-  ¿Ti cres que o César que vimos pode cambiar tanto coma para ter algo que ver con toda esta trapallada? Eu vin un home acomodado, non ambicioso, no mal sentido quero dicir – Froilán namorárase do home que lle dera de comer cando tiña fame.

 

-  Na órbita de César están os seus socios, eses que di que o controlan ca liquidez, igual eses si que son ambiciosos no mal sentido – deducín.

 

-  Igual era mellor que falásedes destas cousas nun sitio máis recollido – dounos un ataque.

 

Estábamos tan entretidas cos nosos razoamentos que non pensamos que o silencio da noite nos puidese deparar máis sorpresa que o amencer.

 

-  ¡Joder tío, que susto! – recuperaba o alento Froilán.

 

-  Comprenderedes que con estas reaccións me custe crer que viaxedes no tempo e que vaia arruinar a cidade e todo iso – ría de nos un César con cara de trasno.

 

-  Se ti estás falando “destas cousas” aquí, será porque tampouco hai tanto perigo – despreciei a súa irrupción sorpresa.

 

-  Imos supor que podo facer algo, se a cagamos ¿como o vas arranxar? – falaba comigo.

 

-  Pois como o arregla todo, buscará a alguén a quen rebentarlle a cabeza – soltou Froilán.

 

César era un home serio ó que lle gustaban as solucións máis elaboradas e sobre todo máis efectivas. Doulle á cabeza coma se tratase de borrar a chorrada que lle acababa de soltar Froilán. Mirou cara atrás vendo se aínda tiña marxe de fuxida e despois cravounos a mirada ás dúas, sorprendentemente púidoo facer.

 

-  Non, esa non é a solución – aclarou por se Froilán falaba en serio – quero velo. Lévame. Dixeches que o controlas o suficiente, pois lévame.

 

-  Vale – aceptei o reto.

 

Froilán mirábame pensando que bromeaba, sen crer que o puidese facer.

 

-  ¿A el valo deixar aquí? Podes ir á miña casa se queres – convidou César a Froilán.

 

-  Claro que imos ir á túa casa, non me vou deitar aquí no chan cando o podo facer nunha cama – comecei a rosmar botando a andar cara a casa de César.

 

-  Pensei que xa o podías facer sen durmir – dixo Froilán molesto.

 

-  Si, é certo, só teño que pechar os ollos, pensar no goberno amarelo e aló imos – dixen con sorna facendo o que ía relatando.

 

E ó abrir os ollos estaban tirados no chan coma se os acabasen de atropelar.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)