Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 79

February 25, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 79. Xarela

Xarela: que fala e obra con pouco sentido, con descaro e desvergoña. Chamáronlle xarela por tirarlle dous ovos ó duque aínda que ben merecía media ducia.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

Froilán miroume demostrando que tiña todo o sangue na cabeza e que o corazón lle facía respirar con dificultade.

 

-     Non imos volver – repetiu Froilán mirando a Orazo, levantando as mans con desesperación.

 

Saiu ó corredor e volviu entrar.

 

-     ¿Non imos volver? – preguntou desesperado - ¿e daquela que dis ti que imos facer? ¡Temos que volver!

 

Na cociña o silencio era máximo, non tenso, curioso. Miraban espantados a exaltación de Froilán, miraban divertidos a miña falta de reacción.

 

-     Bueno, igual me expresei mal – dixen – eu non vou volver,  se ti queres volver volve.

 

A Vigo escapóuselle a risa. Froilán apretaba os dentes e respiraba a modo.

 

-     Pero el non pode – dixo Hana con voz inocente.

 

-     ¿E por que cres que llo di tan tranquila? – preguntou Orazo deducindo.

 

Froilán volviu saír e entrar.

 

-     Compañeiro, nós aquí convencéndoa para que nos ensine e ves ti e cabréala – rifoulle Vigo en broma.

 

-     ¿Que coño vos vai ensinar se non sabe? – respondiulle Froilán – se lle tiven que ensinar eu porque lle facía falta un sofá para viaxar.

 

-     ¡Un sofá! – exclamou Vigo marabillado.

 

Eu seguía calada, o resto miraba a Froilán.

 

-     Pois ensínanos ti e levámoste a onde queiras – dixo Raúl.

 

-     Si, ensínanos ti – dixo unha das mulleres.

 

Froilán cambiou o xesto de enfado polo de arrepentimento, intentou saír da cociña de novo, esta vez para non volver. As miradas pedíanlle unha resposta e el non me quitaba ollo.

 

-     ¡Perfecto! – dixen saltando da mesa – ti ensínaslles e eu traballo no meu plan.

 

-     ¿Como? – preguntou, diría que asustado – ¡xarela! ¡desagradecida!

 

-     Se me ensinaches a min, ben lle podes ensinar a eles; é o máis práctico, eu non quero volver, Raúl di que te levan a onde queiras; e, tendo en conta que a túa axuda, a parte de dubidosamente imprescindible, foi bastante interesada non me considero, en absoluto, desagradecida,;o de xarela xa o discutiremos noutro momento – fun deixando caer mentres me facía paso cara a porta.

 

-     ¿Non marcharás? – preguntou Hana medio ameazando.

 

-     Si, claro – respondín.

 

-     ¿A onde? – preguntou Froilán serio – non tes cartos ¿non lle daríades cartos? – ó resto.

 

-     Non ¿por que o pregunta coma se lle désemos unha rosca ó mono diabético do zoo? – rosmou Vigo.

 

-     Pregúntao porque supón que se teño cartos prescindo del, aínda que, como xa dixen, vouno facer igual – eu – non o tomedes a mal, caédesme ben, pero non tedes o que preciso e eu teño bastante présa, así que marchar é o mellor. Déixovos o xoguete.

 

Deixando o quebracabrezas diabólico enriba da mesa, esquivando a Froilán inmobilizado pola impotencia.

 

-     ¿A onde vas? – volviu preguntar, agora con ton paternalista - ¿comeches? ¿de que vas vivir?

 

-     Estiven pensando – eu.

 

-     Así se explica – rosmou Orazo con retranca.

 

-     Se podo viaxar no tempo, creo que tamén no espazo; se roubo no futuro non me poden perseguir no pasado... porque está claro que aínda non saben que son unha delincuente...

 

-     Xenial, vai deixando pistas; non, mellor aínda, ¿por que non vas e matas a cada un dos dirixentes do goberno, un por un? ¿eh? – berrou Froilán.

 

-     ¿E non era para iso para o que quería saber cando comezou todo? – comentou Victoria en baixo - ¿como pensaba este que o ía arranxar desde o comezo? ¿facéndolle cóxegas?

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)