Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 78

February 25, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 78. Vélaro

Vélaro: conxunto de la, que resulta de rapar unha ovella, carneiro, etc. Tocoume recoller todo o vélaro e lavalo.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-     O de Elías Ismael Lorenzo – dixo Hana.

 

-     Xa, pero ¿aquí? – insistín.

 

-     Non, aquí non había – dixo unha voz severa de home desde a porta.

 

A xente alí reunida mirouno sorprendida, a min doume unha volta no corazón.

 

-     Perdoade que chegue tarde, pero é que alguén se debiu esquecer de avisarme – deixou caer con segundas – este é Froilán – dixo mentres tiraba dun brazo que se me facía coñecido.

 

Fíxose un silencio tenso, sentín coma se un feixe de vélaro me atoase a gorxa impedíndome respirar, impedíndome falar, impedíndome fuxir aínda temendo un desenlace fatal.

 

-     Tardabas... – díxome arqueando unha de aquelas cellas de malvado.

 

Vigo mirouno con curiosidade, torcendo a cabeza cara el, sorrindo con malicia ó recoñecer o seu nome e ver a miña cara de pánico.

 

-     Se non te avisamos igual foi por algo – atacou Victoria.

 

-     Fixemos coma sempre, avisamos á primeira liña -  dixo Raúl – aínda non sabíamos moi ben de que se trataba, non queríamos mobilizarvos para nada.

 

-     De todos os xeitos ti tamén traes unha sorpresa – curioseou Vigo - ¿este é o Froilán do que nos falabas? – cara min.

 

Asentín ca cabeza, sen poder falar aínda. Foi coma unha labazada no nariz, doiu moito e case me deixou sen sentido. Pensei que atopara o apoio que precisaba para poñer en marcha o meu plan e evitara as seccións interesadas, e resulta que me acaba de meter de cheo na mesma lama da que fuxía.

 

-     ¿Ela é a Rita da que me falaches? – preguntou o home seguindo a retranca de Vigo.

 

-     Si, a mesma – respondiu Froilán, serio – ten ese costume de estar no medio, pero normalmente fala máis.

 

-     Bueno Orazo, xa que viñéchedes acomodádevos e seguimos – convidou Hana.

 

-     Non me entendades mal, non vin fiscalizarvos, viñemos porque Froilán pensou que lle pasara algo, como dixo cando entrou “tardaba” – explicou Orazo facendo un xesto cara Froilán.

 

-     Xa será un pouco de todo – apuntou Vigo sorrindo.

 

Orazo devolviulle o sorriso engadindo un punto de sorna.

 

-     Iso non ten importancia neste momento, canto máis se alongue a reunión peor para nós, máis risco corremos – reconduciu Raúl – Rita estábanos contando o seu plan.

 

Tiven que lanzarlle unha mirada asasina. Pensei que lles deixara claro que aínda non sabía se podía confiar en Froilán. Pensei que eles tampouco o tiñan claro.

 

-     ¿O seu plan? – Froilán atravesoume ca pregunta - ¿que plan? Non sabía que tiveses un plan.

 

Todos os ollos se cravaron en min.

 

-     ¿Por que non me dixeches nada dun plan? Non podo crer que teñas máis confianza nunha recua de descoñecidos ca en quen te axudou a fuxir da garda amarela, eu axudeiche ¿que fixeron eles por ti? – Froilán excesivo.

 

-     ¿É impresión miña ou entre estes dous hai algo máis que unha fuxida? – riu Vigo.

 

-     Non, non só é impresión túa – dixo unha das mulleres achegándose a el.

 

-     Rita dicía de ir ó comezo de todo e ver de solucionalo desde alí – interrompeu o debate Raúl.

 

-     Como plan ten algunhas lagoas – riu Orazo.

 

-     ¿Ir ó comezo? ¿Iso era o que querías? Claro, daquela chegar aquí foi un erro de cálculo pero por defecto non por exceso ¡Ti estás mal! – mirando a Orazo – non hai plan, volvemos; en canto recupere forzas volvemos.

 

-     Non imos volver – sentenciei.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)