Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 76

February 5, 2012 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 76. Tacto

Tacto: habilidade para tratar persoas ou asuntos delicados de maneira axeitada, sabendo o que se debe facer e o que cómpre evitar. É unha situación delicada que hay que manexar con tacto.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

E foi, paseando a modo pola beirarrúa para non chamar a atención, para que non parecese que esperaba, para que non parecese o que era, unha emboscada.

 

Sal saíu distraído, sen prestar atención a quen rondaba pola rúa. Quedara na casa de Romo e tiña o tempo xusto para chegar antes do toque de queda. Nin o viu. Nin lle dou ansia. A Fran non lle gustou, pensou en deixar o tema, aínda traballando cos “outros” a perseverancia non era unha das súas fortalezas. Pero recoñeciu o edificio onde vivía Romo, era dos outros, pero non dos “outros” del, senón dos outros para el. De novo asaltouno aquela pregunta ¿que tan importante tiña Sal para despertar tanto interese?

 

-     Se traballa en Correos terá acceso ás cartas – explicou Tito – andarán detrás de algo.

 

-     ¿Algo que vaia pola oficina? – preguntou Fran con retranca.

 

Tito ben sabía a que se refería, ninguén enviaba cousas importantes a través da oficina de Correos, ninguén cun papel importante dentro do goberno e do non goberno empregaba ese medio de comunicación. Tan só os inocentes crédulos súbditos do amarelo. Todo pasaba unha inspección rigurosa, absolutamente todo, ningún regalo chegaba ó seu destino, o que non se requisaba no posto de seguridade extraviávase no de distribución.

 

-     ¿Quen sabe? Algo hai de ser – imaxinou Tito.

 

-     ¡Exacto! Aí vou eu – insistiu Fran.

 

-     Joder, se vas ter razón – caiu da burra Tito.

 

Sen ter en que caer, Sal non tiña demasiada importancia estivese na parte do proceso na estivese, dese cas cartas que dese; interceptase o que quixese interceptar. Fóra unha das idas de pinza de Hugo. No seu entramado meticuloso planexara interceptar as comunicacións do goberno, el, por fora da rede dos de fóra; máis aínda despois da visita de Siena. El tíñase por unha persoa intelixente que non precisaba dos consellos censores de ninguén, e menos dunha muller. Se un home lle dixera o mesmo que lle dixo Siena simplemente pasaría del, non lle daría importancia e, nin moito menos, a razón. Pero sendo muller había que engadirlle a rabia e a impotencia.

 

Supuxo, na súa grandeza, que controlando o correo controlaría o goberno. Supuxo na súa inocencia que el era o goberno e que o goberno era el.

 

-     Romo é deles – razoou Tito – o tal Sal tamén será, non creo que che interese arrimarte a el.

 

-     Non é iso, non me gusta, só quero saber saber que andan – explicou Fran.

 

Mentindo, ou non. Nin el mesmo sabía, despois duns días, se lle gustaba ou só era un paso máis para conseguir o seu obxectivo.

 

-     Pois se tanto interese tes vai polo almacén – cediu Tito.

 

-     ¿Ti cres? – preguntou Fran buscando apoio - ¿e irá el por alí?

 

-     Non cho sei, pero vai ser o único sitio onde o poidas ver con naturalidade; ou o asaltas no medio da rúa e te arriscas a que che monte un número e lle teñas que dar explicacións á garda – puxo na mesa Tito.

 

A idea de volver ó almacén non lle facía demasiada gracia a Tito, pero a seguridade de Fran facíao dubidar, e sabía que era o único sitio onde podía averiguar algo sen levantar demasiadas sospeitas. Conviñeran había tempo que aquel fora un sitio neutral de esparcemento, nalgún sitio se tiñan que xuntar e que Hugo tivese as chaves de aquel almacén brindoulle a oportunidade, ó seu ver, de ir captando ós do outro lado. Pouco lle interesaba a confraternización e o xogo limpo, el tiña a razón e punto.

 

-     ¿Ves comigo? – pediu Fran – non me parece correcto ir so, non creo poder responder a certas preguntas con tacto.

 

-     Fran ¿e non será mellor que vaias ca túa amiga? Se vas comigo igual pensan que estamos xuntos – intentou escaquearse Tito.

 

Non lle custou moito convencela, aínda que a ela lle parecía mellor idea que fose cun home para dar fiumes.

 

-     Non, Tito non se vai prestar a tanto – lamentou Fran.

 

-     Como queiras, falo con Nico para ver cando é a próxima – organizou a rapaza referíndose a unha festa.

 

A próxima non tardou moito.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)