Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

November 27, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 70. Negociar

Negociar: discutir as condicións nas que se vai realizar un asunto. É complicado negociar con alguén tan estreito de miras.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

Vigo nacera feliz, notábaselle no sorriso que lle poñía as dificultades. Quizáis por iso non tomou en serio o alzamento. Non tiña en demasiada estima ó primeiro líder e tampouco lle vía madeira de permanencia. Enganouse. Non só na duración, senón na pouca estima que lle ía merecer.

 

Comezara a traballar na fábrica de moi novo, non tiña ganas de estudiar e os seus pais non tiñan gana de mantelo. O traballo conseguírallo o seu pai. Era case unha tradición, os fillos dos pais entraban a traballar con preparación ou sen ela. Vigo non a tiña, pero aprendía rápido, integrábase sen dificultade e o de ter os seus propios cartos para gastar en festas ó final de mes, motivábao para facer un bo traballo. Ascendiu na medida que os seus coñecementos llo permitían e aínda comezou a ter a necesidade de volver a estudiar para dar un paso máis na súa carreira.

 

Conseguiu estar presente cando comezaron a negociar os cambios no suministro. Elexírano os compañeiros para representalos, confiaban nel aínda que non fixera campaña, bastáballes con saber que nos peores momentos estivera da súa parte, cando algo fallaba, cando alguén fallaba, cando non había a quen botarlle a culpa.

 

Quizáis polo seu optimismo, quizáis pola súa inocente maneira de ver o mellor de cada quen, quizáis pola súa xuventude ou pola súa inexperiencia... nin botando a vista atrás sabendo o que sabía daba atopado o momento no que lle pasara por diante o primeiro sinal de cambio e non se decatara.

 

Ó redor da mesa estaba o presidente da compañía, o representante oficial dos traballadores, a conselleira delegada da compañía na cidade, o encargado da producción, a do suministro, varios representantes da cidade, alguén da prensa, alguén do goberno.

 

Intentou prestar atención todo o tempo que lle permitiu aquel nocello envolto por un zapato tan sofisticado como elegante. Viuno nun momento que torciu a cabeza para non cruzar a mirada co representante oficial dos traballadores. Non lle caía ben, fartábase de restregarlle que lle debía a seu pai todo o que tiña; el xa o sabía. O seu pai dicíalle que non lle fixera caso, que a el tamén o enchufaran, non seu pai, senón un do Consello de Dirección. Pero Vigo non era desa clase de xente de botar as cousas en cara, el sabía quen era e onde estaba, facía o seu traballo e iso debería chegar.

 

O nocello movíase de maneira delicada de arriba abaixo, só uns centímetros, despois paraba, despois movíase outra vez.

 

-     Os cambios van ser grandes, pero o novo suministro garante unha producción dez veces superior ó actual, non cabe dúbida de que a mellora é clara – dixo o presidente da compañía.

 

Vigo escoitou o dos grandes cambios sen relacionalo cun futuro tenebroso, asociouno co que lle contaran naquel curso de formación de había uns meses. Os cambios prometían un traballo máis confortable, quendas máis axustadas, menos perigosidade, menos penosidade. Con el coincidían os compañeiros, aínda que algúns temían recortes non da maneira que foron, senón deses que levan a non ter traballo. Pero nunca lle viran aquel lado perverso que despois se mostrou.

 

-     Sobra dicir que a cidade apoia esta iniciativa na maneira en que supón un pulo importante para o noso desenvolvemento, o máis importante – dicía unha das representantes da cidade mentres o nocello estaba quieto, pousado o pé no chan.

 

Vigo decatouse daquela a quen pertencía aquel obxecto do seu desexo. Non era aquela a única parte da anotomía feminina que lle chamaba a atención, era con todas as consecuencias un gran amante das mulleres, de calquera tipo, de calquera clase. Non era, porén, un depredador, era un amante, non un coleccionista, non un cazador. As mulleres para el non eran un obxectivo, eran algo polo que pagaba a pena vivir, sorrir e disfrutar. E como gran observador daquel misterio da natureza coñecido como muller, decatouse de que aquel nocello estaba enfundado nun zapato demasiado elegante e demasiado sofisticado para ser dunha representante da cidade. Tiña entendido que a xente da administración era aburrida, sen imaxinación, que era xente gris.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)