Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

March 14, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 48. Nasa

Nasa: aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída. A nécora era tan brava que case consigue romper a nasa.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-       Bueno... ¡e a nécora entrou na nasa! – dixo Fran con aire victorioso.

 

-       Si, e agora só nos queda pensar a quen llo empaquetamos – freou en seco Sal.

 

-       A Clara, que non fai máis que putearme – suxeriu Fran.

 

-       Pero ti estás tolo ¿ou que? – escandalizouse Sal – ven Víctor e mállanos a hostias.

 

Fran abriu os ollos coma pratos e abaneou a cabeza.

 

-       Uff, si, ca man brava que ten – dixo Fran.

 

-       Pois a Cira non llo podemos colgar, ademais dixo Hugo que andaba a ver se a trinca – respondiu Sal.

 

-       ¿Dixo? ¡Joder, todas as putas teñen sorte! – escandalizouse Fran.

 

-       Pois daquela a Rita... esa divina de todoacen... – suxeriu Sal con voz de lurpia.

 

-       Si, que se cree moita cousa – asentiu Fran co mesmo ton.

 

-       Témosllo que dicir a Hugo, a ver que lle parece – dixo Sal con voz cautelosa.

 

-       Seguro que lle parece ben, a el estas decisións... – fixo un xesto suxerindo que eran cousas sen importancia.

 

Eu nunca chegara a coñecer a Hugo, só lles escoitara falar del a Sal e a Fran nalgunha ocasión; polo que contaban debía ser “interesante”. Non me importaba demasiado, era a clase de persoa que na miña mente corría o risco de parecerse ós do goberno. A min non me gustaba saír do xugo dun goberno amarelo para someterme ó duns burócratas que non tiñan nin idea de nada. En realidade tampouco sabía se tiñan idea ou non, simplemente non vía razoable as cousas que dicían, daba a impresión de que non era dos que soñaban. A xente que non soñaba non comprendía o desgaste que supoñía, nin a concentración, nin nada.

 

-       ¿E? – preguntou Sal.

 

-       ¿E? que che pegou o preguntoiro o viúvo lastimeiro – respondiu Fran.

 

Sal riu de si mesmo ó recoñecer que a pregunta era unha copia da que acababa de responder con retranca.

 

-       E que... ¿que lle vai pasar? – preguntou Sal.

 

-       Quen o sabe Sal, iso xa non é asunto noso – respondiu Fran – se isto funciona é porque cada quen cumpre co seu sen meterse no do outro.

 

-       Bueno, iso de “sen meterse no do outro” será por que ti o digas; porque che hai moito entendido por aí...

 

-       Vaaaaaleeee, que si, pero que che dou agora ¿desde cando nos poñemos con estas preguntas? – preguntou Fran afectado.

 

-       É que isto é moi grave, Fran... Rita é unha das nosas, unha petarda, si, pero unha das nosas – respondiu Sal.

 

-       A ver, nós facemos o noso, Hugo díxonos que pensáramos en alguén e nós fixémolo, as explicacións que as dea el, que se supón que é o que sabe de que vai todo isto – dixo Fran taxante.

 

-       Igual lle tiñamos que dar outra volta, a min Úrsula ponme dos nervios – suxeriu Sal.

 

-       ¡Que non! dixemos Rita e Rita será – sentenciou Fran.

 

Erguiuse e foi falar con Hugo. Non lle discutiu a elección, a el daballe igual unha que outra. Elaborara un entramado que nin a araña máis laboriosa podería repetir e non tiña tempo para parase en nimiedades, para iso debía servir a organización.

 

O plan elaborárao el, el só, despois plantexárao diante do resto para que lle deran o visto bo. Déronllo, non había costume de discutir, todas as ideas se agradecían e todo o mundo confíaba na boa fe do resto.

 

Hugo non se podía considerar unha persoa calculadora, era ambicioso, pero non marcaba uns fins calculando todas as consecuencias. El elaborara o plan pensando no obxectivo. O obxectivo, por suposto, era derrocar ó goberno amarelo.

 

Hugo non se podía considerar unha persoa comprometida, ou si, a el ensináranlle como debía ser, non o sentira coma nós. Tampouco sabía eu se toda a xente da organización o sentira coma nós, pero sospeitaba que non.

 

 

 

 

 

 

 

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)