Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

March 5, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 47. Mera



Mera: néboa espesa e miúda e chuvisca que se desprende dela, moi dañina para as plantas e os froitos por favorecer a aparición de fungos. A mera mirrou as patacas.



Fonte:    Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...





-    ¿E agora? – preguntou León.



-    E agora gárdoos – respondiu o home o dando unha palmada no peto do pantalón.



León despesperouse, pensou que o home non acababa de erguerse nun apuro, o home era tonto. E o peor era que acababa de darlle tres centos.



-    ¿Que fas aí parado? – apurou o home, botando a andar – temos quince minutos para chegar ó... aló abaixo.



León colliu azos, non para andar senón para non partirlle a cara ó durmilón aquel, que non o ía facer, aínda que ganas tiña normalmente sempre tiña, tamén, quen llo facía por el.



-    Rápido, ho – insistía o home.



León apurou o paso tras o home que resucitara. Daba a volta ás esquinas cunha axilidade precipitada que o deixaba sen respiración. Bloques e bloques apurados cara o Norte ate que se cruzaron cunha patrulla da garda amarela.



-    ¡Coidado home! – avisou o home agarrando a León.



Tirou del por un brazo e agacháronse nun portal ate que o coche pasou.



-    Por que pouco – dixo León en voz baixa.



-    Hai que andar máis rápido e con moito coidado – advertiu o home.



-    ¿Falta moito? – preguntou o León.



-    Un pouco – respondiu o home andando apurado, case correndo.



Efectivamente non faltaba moito, dúas rúas máis abaixo o home parou con discreción diante dunha casa coma outra, amarela por suposto, pulsou o timbre, agardou a que abrise a porta e indicoulle a León que entrase. León entrou e unha vez dentro sentiu a porta pecharse detrás del e tamén un certo alivio ó ver que o home xa non estaba alí. Alivio por non ver de novo a aquel home que o sacaba de quicio; un home que esqueciu de seguido e que non tiña pensado volver lembrar se a súa muller non lle insistise tanto.



O ascensor non funcionaba, claro, e as escaleiras estaban case a escuras, orientouse por unha luz que había ó fondo; non era no primeiro piso, case ninguén vivía nos primeiros pisos, por seguridade recomendaba o goberno. En realidade era para vender os máis caros primeiro.



-    ¿Non chegou aínda? – preguntou Fran.



-    Ven subindo – dixo Sal – parece que ven canso – engadiu con moita retranca.



León escoitaba as voces no alto e notaba polo ton que rían del, o que o empurraba cada vez máis a pensar que se enganara en pasar ó outro lado.



Ó chegar ó piso que tiña a porta aberta, o único que daba luz ó oco da escaleira, parou un momento antes de cruzar o umbral. Tratou de ver dentro, pero só avistou un sofá baldeiro. Empurrou a porta ata abrila de todo.



-    Por fin – dixo Sal – tomáchelo con calma.



-    Si, xa tiñas que chegar onte – riu Fran.



León non dixo nada, non fora culpa súa, non sabía porque lle estaban botando as culpas de algo que el non controlaba.



-    Bueno, ó tema – dixo Fran – mañá, vas estar na Rúa 4, ás 2:15 e alí xa che dan máis instruccións.



-    ¿E? – preguntou León.



-    E xa che dan máis instruccións – respondiu Sal, con sorna.



-    A ver – suspirou León desesperado – teño que andar ate aquí, mareádesme dun lado para outro ¿e o único que facedes é dicirme onde será o seguinte encontro? Polo menos a muller da ponte fíxome unhas preguntas, e o home este pediume cartos.



-    Home, se queres deixar cartos, déixaos, nós non chos imos rexeitar – dixo Fran.



-    Si, porque nós non temos preguntas que facer, o único que temos para tí é o que che acabamos de dicir – explicou Sal.



-    Agora deberías marchar, retrasáchesvos un pouco, tes que apurar antes de que volva a pasar a patrulla – suxeriu Fran.



León pensaba que o estaban puteando, pensou incluso que eran do goberno, que estaba sufrindo unha especie de tortura, que igual había algún sucesor tirado no chan ca risa. O que León non sabía era que nin Fran nin Sal precisaban preguntar para saber.



Na rúa a mera fíxolle camiñar engruñado, cos ollos medio pechados e arrimado ás paredes debaixo dos voladizos.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)