Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 26

January 12, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 26. Acertar

Acertar: actuar dunha maneira tal que logo se confirma que foi boa. Acertaches comprando botas de goretex.

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto...

E apurei cara a porta seguindo o exemplo de Damián, fuxindo vilmente; pero cando estaba ca man no pomo soou con rotundidade un “toc, toc”. Soltei o pomo e saín de inmediato do que considerei campo de acción da porta pegándome á parede o máximo posible. O corazón latexaba rápido e con forza, non escoitaba nada, puxen a orella na parede. “Toc, toc”. Desta vez soou menos ameazador, máis suave quizáis, menos inesperado tal vez. Respirei fondo, separeime da parede e fun cara a porta obviando a idea da fuxida.

¿Si? – preguntei sen abrir.

Teño que falar con vostede – dixo unha voz de home.

¿Comigo? – preguntei de novo sen abrir aínda.

Si – sentenciou a voz de home.

¿E de que? – seguín co interrogatorio.

É mellor que abra – dixo case ordeando.

Dubidei.

Si, claro, pero ¿que quere? – insistín.

É un tema delicado – respondiu – mellor cóntollo dentro.

Tampouco parecía tan perigoso como para que un garda amarelo tivese que fuxir, ó mellor nin sequera era “o da resistencia” que se supoñía que tiña que vir. Abrín.

No momento de ver a súa mirada lembrei as palabras de Damián “fai o que poidas” e íao facer, claro que si. E non porque fora un adonis, nin sequera me fixei nel, no corpo quero dicir, no seu mirar si. Miroume como había tempo que non me mirara ninguén, mellor dito, miroume coma nunca me miraran. Posiblemente se debía ó vestido ou ó aire do mar, pero o certo é que o home acertou ca mirada. Si.

Tamén fixen algo que había tempo que non facía, púxenlle a man no peito, baixeina pouco a pouco ata a cintura, agarreino polo cinto e leveino á cama. En todos os sentidos da expresión. Admito que non o pensei moito, mellor dito, non o pensei nada. El non parecía contrariado, nin mostrou oposición de ningún tipo por moito “da resistencia” que fose.

Despois, con máis calma, pasado o frenesí e a paixón desenfreada mireino a modo, tiña un aspecto distinto ós homes da cidade, non tanto no físico senón, de novo, no mirar. Tiña algo, non sei, orgullo. Si, orgullo. Iso era o que lle faltaba no mirar á xente da cidade, mellor dito, o que nos faltaba.

Temos que falar – dixo mentres se vestía.

Medio sorrín, porque soaba a remate incómodo dunha relación de moito tempo.

Eu son Froilán – dixo estendendo a man – bueno, igual a estas alturas sobran as formalidades – bromeou.

Eu son Rita – dixen.

Si xa, bueno non sabía que te chamabas Rita, pero máis ou menos sei, sabemos, quen es, temos un contacto no hotel – explicou.

¡Ah! – dixen sen entender.

¿Pero que pasaba? ¿que todo o mundo tiña contactos no hotel aquel? ¿que todo o mundo sabía da miña vida? ¿e como era que os contactos de Damián e os de Froilán, se non eran os mesmos, que estaba claro que non eran os mesmos porque senón non tiña explicación a fuxida apurada do garda amarelo, traballaban no mesmo sitio? ¿pero se só vin a dúas persoas, a muller da barra e a camareira?

Eu son da resistencia – seguiu ca explicación – e o noso contacto díxonos que viñeras acompañada dun garda amarelo. En realidade é a el ó que vimos buscando.

¡Ah! – volvín dicir.

Demos por suposto que ti estás do noso lado, máis ou menos; pero non nos gusta moito que certo tipo de xente campe ás súas anchas por aquí, andan detrás de nós – seguiu.

Pero se el me trouxo ata aquí – non é que quixera defender a un fuxido covarde, pero sentido non tiña a explicación.

Iso non está tan claro, nin os motivos polos que te trouxo – dixo.

Home, eu imaxinaba que para salvarme – repliquei.

Claro ¿canto tempo cres ti que saben eles o teu? – dixo con seguridade, como se de verdade soubera “o meu” - ¿onde está? ¿na habitación do lado? – preguntou sinalando á porta interior que comunicaba ca habitación de Damián.

Non, pediume que te entretivera e marchou a fume de carozo – delatei.

¿Como? ¿que o de antes...? – miroume ofendido, devastado.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)