Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 24

January 12, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 24. Fociño

Fociño: parte máis ou menos prolongada da cara dos mamíferos, onde está a boca e o nariz. Por extensión, parte da cara das persoas que comprende a boca e o nariz ou nalgúns sitios, só o nariz. Vai lavar os fuciños.

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto...

A muller colliu o sobre mantendo o sorriso amable e marchou pola porta do lado da barra. Damián e máis eu seguimóla ca mirada e cando desapareciu mirámonos entre nós, el puxo a mirada de neno trasniño que vira aquel día que nos cruzamos pola rúa. Sorrín.

... segundo piso ¿a 207? Vale, vale, xa os mando – falaba a señora mentres se achegaba.

Podedes subir – dixo sinalando á porta que había detrás de nós – tedes unha habitación, está arriba a camareira.

Damián doulle as gracias, colliu a bolsa e foi cara onde sinalara a muller. Miriei para a muller e púxome un sorriso cómplice que seguramente requería algún comentario amable pola miña parte, pero como non tiña práctica botei a correr cara Damián, porque me sentía bastante perdida sen el.

Pensei que non viñas – dixo Damián desde o medio das escaleiras.

¿A onde imos? – preguntei.

Aínda que era obvio que íamos á habitación 207.

Han de ter unha habitación para nós, imos pasar aquí unha temporada – dixo Damián con seguridade.

Cunha seguridade que lembraba á dos gardas amarelos. Volvín dubidar.

¿Estábannos esperando? – preguntei.

Damián volviuse e miroume serio.

Imaxino – dixo nun ton estraño.

Seguiu cara adiante.

Bos días – saudou a que debía ser camareira.

Convidándonos a entrar. A habitación era acolledora igual que o resto do pobo, cun luxo soterrado baixo a humildade da discreción. A camareira abriu a porta do cuarto de baño e dos armarios para amosarnos o que con tanto agarimo prepararan; despois abriu otra porta que estaba a carón da cama e que daba a outra habitación, moi parecida á primeira aínda que un pouco máis espaciosa.

Aquí tes algo de roupa, espero que che guste – explicou a camareira dirixíndose a min.

Gracias – dixen – si, seguro que si.

A camareira saiu pola porta da segunda habitación que daba ó corredor. Eu, animada polo meu instinto natural de cotillear achegueime ó armario a ver a roupa que prepararan para min, sen preocuparme sequera que alguén tivera roupa do meu talle lista para que eu a usara, sen pensar sequera que alguén estaba agardando por min antes de que eu mesma soubera que ía chegar.

¿Gústache? – preguntou Damián.

Claro, e sen ter en conta sequera que Damián estaba na mesma habitación vendo como desataba a miña mala educación.

Si – dixen avergoñada sen mirarlle á cara.

Pechei as portas disimuladamente, con ganas de seguir vendo o que había para min, pero sen querer parecer desesperada por velo.

Vasme contar porque hai todo isto preparado, según ti fora todo tan de improvisto – dixen.

Eu tiña que traerte ata aquí, a ti e máis o sobre, é todo o que sei. Ás veces é mellor non facer preguntas. Non podía durmir e agora si, o resto venme dando igual – explicou con certo desencanto.

¿E agora? – preguntei.

Agora eu quedarei alí – dixo sinalando a outra habitación – e ti aquí.

¿E? – insistín.

E non sei máis – sentenciou.

¿Daquela que se supón que teño que facer? – reinsistín.

¿Eu seino? – dixo marchando da habitación e pechando a porta detrás del.

Tampouco me preocupou, fun detrás del e pechei por dentro. E unha vez feito, abrín as portas do armario e disfrutei do que había dentro, roupa e vestidos de todas as cores e modelos, e ulía tan ben. E o sol descubriume unha fiestra ó porto, ó mar.

No porto había unha actividade frenética, máis polo reducido do espazo que por exceso de xente. Catro embarcacións descargaban caixas de peixe que aínda ulía a mar.

De súpeto o ruído dun sobre deslizándose por debaixo da porta devolviume ó interior da habitación.

“Desconfía”

comentarios (0)



0/5 (0 votos)