Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 21

January 12, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 21. De incógnito

De incógnito: sen revelar a súa verdadeira identidade, sen que se saiba quen é realmente. George Clooney viaxa de incógnito por España.

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto...

Agarrouse a esa bágoa coma á súa última esperanza e trazou un plan.

Cando o funeral rematou mirou como se dispersou a multitude. Viu como o gardacostas de Adina seguía discretamente á súa secretaria ate o coche oficial, el abriulle a porta e ela entrou ca afectación tráxica dunha diva. Viu como o máximo dirixente sorría con aire victorioso ó despedirse da súa corte mentres pechaba a fiestra do seu coche. Viu como todo remataba e como todo comezaba.

A súa filla agarráballe a man con forza manténdoo cos pés na terra, devolvéndoo á realidade, atopando un sorriso entre a desesperación. Volveron para a casa baldeira, a casa na que Beda botaba de menos a Adina, a casa que lle axudou a durmir mentres León rebuscaba entre as cousas da súa muller para encaixar as pezas do seu plan.

No ordenador, na axenda, nos arquivos foi atopando a información imprescindible para enteder o que estaba pasando. Atopou un dossier con fotografías do seu axudante en reunións que parecían clandestinas co máximo dirixente. A terceira dirixente tamén estaba alí. Posiblemente Adina tería sospeitas do que lle esperaba, ou posiblemente andaban tramando algo e ela estaba sobre a pista. Tamén atopou os enderezos e os teléfonos de toda a xente que lle interesaba para o plan que trazara. Chamou á coidadora e despediuse cun bico da súa filla durmida.

De incógnito presentouse na casa da secretaria da súa mulller. A ela non lle gustou velo alí, dentro escoitábase ruído doutra persoa que León supuxo que era o gardacostas, pero non fixo caso, a el o que lle interesaba era aquel atisbo de preocupación que lle vira no funeral.

¿Que estás facendo aquí? – preguntou Marta, a secretaria.

Quería falar sobre un asunto – respondiu León.

Non me parece o momento oportuno, eu aínda estou tratando de asumir a situación, non me apetece falar diso agora – dixo Marta con afectación.

É urxente, déixame pasar antes de comecemos a chamar a atención – ordeou León.

Se non querías chamar a atención viñeras antes, como me vexan deixando entrar... – non rematou Marta, mentres o deixaba entrar.

A casa de Marta non era tan modesta como cabía esperar dunha secretaria, aínda que fose dunha dunha dirixente do goberno amarelo. León pensouno nada máis ler o enderezo; pero supuxo que vivía alí por proximidade á súa muller, seguramente entraba dentro da estratexia de goberno, non eran frecuentes as reunións fóra de hora, polo menos non as que involucraban ás secretarias, pero igual debía estar dispoñible.

Desbotou semellante idea en canto Marta pechou a porta, a casa non era unha das casas das persoas do goberno amarelo, dentro había cousas de épocas pasadas, cousas caras, moito máis caras das que vira endexamais en persoa, nin sequera nas festas despilfarradoras do máximo dirixente. Aquelo era un luxo con clase, daqueles de antes.

¿Que queres? – preguntou sen convidalo a pasar máis aló do vestíbulo.

Temos que facer algo – dixo León.

¿Algo? ¿Algo de que? ¿Que queres, deixar a túa filla soa? – lamentou Marta.

Por ela é por quen o quero facer – insistiu León.

Marta dubidou, dou un par de voltas cara o interior do corredor, volviu onda León, botou as mans á cabeza.

Non hai nada que poidamos facer – dixo Marta con certa desesperación – viches tan ben coma min que a mataron, non hai quen resucite os mortos. O mellor é esquecer e seguir adiante manténdonos á marxe e dando gracias de poder facelo.

Ti sabes polo que foi, se o sabes dimo, comprenderei que non queiras participar, pero polo menos dime iso - suplicou León.

¿Cres que se o soubera estaría aquí? Túa muller non me contaba esas cousas, eu son a súa secretaria, a información compartíaa co seu axudante, eu non pasaba de facer chamadas e reservar... – Marta interroumpeu a súa explicación cunhas bágoas sentidas.

Nese momento saiu dunha porta enorme, pesada, labrada a man, o gardacostas. Achegouse a ela e consolouna.

Non che podemos axudar, non nos compliques tamén a nós, asúmeo, túa muller sabía cales eran os riscos, todos o saben - dixo o gardacostas.

A León pareciulle mal a frialdade ca que lle falou aquel home, aínda que sabía que tiña razón.

Sei que ten que haber algo que poidamos facer, seino – dixo León.

O gardacostas colliuno polo brazo e faloulle claro.

Di moito ó teu favor que esteas tan afectado, pero Adina non era ningún anxo, tiña tantos inimigos ou máis que calquera e asegúroche que os ganou a pulso, para vos será unha perda, pero non estou seguro de que o sexa para a humanidade.

León viu na mirada de Marta que non compartía o que aquel home dicía, aínda que sabía que tiña razón.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)