Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

December 12, 2010 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 2. Algo extraordinario



Extraordinario: que sae do que é normal e habitual. A súa capacidade de recuperación é extraordinaria.



Fonte:    Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados...



-    Pois agora que o dis – dixo Úsula.



-    ¿Que queredes dicir? ¿Que estades insinuando? ¿Por que ía andar? – preguntou Xuño.



-    Non están dicindo nada, só que anda despistada, reláxate – suxeriu Priscila.



-    Non, non, non Priscila, si que estamos dicindo algo. Rita anda moi despistada estes días, iso é o que estamos dicindo – insistiu Clara.



-    Bueno... – comezou Úrsula.



Clara non lle deixou rematar, sabía que ía dicir que ela só dixera que lle parecera notar algo despois de que Clara o suxerise; pero que como dicía Priscila igual non era máis que unha apreciación, só un comentario. Clara tiña a paciencia xusta e con Úrsula era pouca. Bueno, con Úrsula era pouca a de todas, custáballe posicionarse.



Clara notara, ca súa fina sensibilidade para os cambios emocionais da xente, que había tempo que eu non tiña a cabeza no mesmo sitio que os pés, dun xeito figurado, por suposto. Non é que tivésemos unha relación persoal demasiado estreita, pero no noso traballo convíñanos confiar unhas nas outras e ata daquela non nos fora demasiado mal.



-    O de hoxe non ten explicación – dixo.



Referíase a que nunca cedéramos ás súplicas de ninguén, e menos que ninguén eu que, ó seu modo de ver, tiña un corazón de ferro, que non me gustaba a xente que suplicaba e que, en xeral, non me gustaba a xente.



-    Hai que ver que lle pasa – suxeriu Priscila.



-    Si, iso – apoiou Clara dándolle énfase cas mans.



-    ¿E como facemos? – preguntou Úrsula.



Botaron outra ronda de cafés e de leite e de roscas e de bombóns e comezaron a darlle voltas á cabeza. Xuño non, ela non paraba de repetir “por se non tivésemos dabondo co noso negocio agora poñernos a fiscalizarnos unhas a outras” moi estresada pero cun vocabulario impecable.



Sobre a mesa caeron varias ideas, pero todas pasaban por ter unha sutil conversa comigo para averiguar os motivos do meu estado de ánimo e como non tiñamos por costume non aceptaron como sutil ningunha das súas ocorrencias.



-    Igual deberíamos coñecernos algo máis – suxeriu Priscila.



Mirárona todas dicíndolle que si, que si, pero que non era o momento. Porén ela non lles fixo caso e seguiu dicindo en voz alta todas as cousas que facía cas compañeiras do traballo e que deberíamos facer nós, porque ó fin xa levábamos un tempo xuntas e case nin sabíamos nin cantos anos tiñamos, que non era de moita importancia para o negocio, pero eran datos que en calquera momento poderíamos precisar, coma daquela, no mellor dos casos; noutros poderíamos precisar ese tipo de información como comprobración de seguridade.



-    Se é que estamos moi verdes – dixo Xuño.



-    Bueno, si, tendes razón, pero aínda estamos a tempo  - dixo Clara mentres sacaba un papel do peto.



-    Non, non escribas nada – ordeou Úrsula.



E en voz alta dabondo para que só elas escoitasen foron dicindo cadanseu aniversario. Úrsula dubidou á hora de dicir o ano, pero non quixo escoitar ningún suspiro comprensivo máis e díxoo.



-    Temos que preguntarlle a Rita o seu – dixo Clara.



E desatouse un gran debate porque aínda sabendo a data igual faltaba moito e...



-    E ¿en que nos ía axudar iso dos aniversarios co do despiste de Rita? – preguntou Clara ó final.



-    Pois en que lle podíamos facer un regalo e a partires de aí crear un clima propicio para establecer unha relación máis próxima que nos permita entrar discretamente no tema do seu despiste – explicou Priscila.



-    ¡Xa! e iso lévanos ó de antes ¡igual falta moito! – berrou Clara.



-    Era unha idea – dixo Priscila erguéndose da mesa.



-    Podíamos facer un amigo invisible e regalarlle algo cun transmisor para... – comezou a dicir Xuño.



-    Transmisores non tía, que nolos pilla – saltou de novo Clara.



-    Pois daquela algo que nós poidamos tocar para percibir as súas vibracións – dixo Xuño case rendéndose.



-    ¡Oh-meu-deus! - exclamaron as tres á vez.



-    ¡Esa é a idea máis grande que nunca persoa algunha tivo des que a alguén se lle ocorreu usar a malla das laranxas para facer unha esponxa exfoliante! – dixo Clara emocionada, sen respirar.



-    ¡Si tía! – apoiou Úrsula.



-    ¿A que si? – sorriu Priscila.



Xuño dubidaba temendo que a estivesen vacilando, non era normal que a ela se lle ocorrese algo tan brillante. Algo que lle gustase a todas. E o peor de todo era que aínda non sabía que era iso tan extraordinario que se lle ocorrera que se podía comparar co de convertir a malla das laranxas nunha esponxa exfoliante.








comentarios (0)



0/5 (0 votos)