Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 155

September 17, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 155. Hecatombe

Hecatombe: fig. Esaxeradamente, suceso desastroso, que sae moi mal ou ten graves consecuencias. Foi unha hecatombe, en lugar de aprobarnos o proxecto riron de nós.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-      ¿Queres deixar de arrastrarme? Quería mirar o que eran esas máquinas ¿a que ven tanto apuro? – rosmei apurando o paso.

 

-      ¿Querías quedar alí pechada? O máis seguro é que as portas pechen herméticamente, que quedáramos sen aire, sen contar que a a tipa dixese a verdade sobre a electricidade estática, claro – explicaba un Froilán cabreado tirando de min.

 

-      Si, bueno, seica esqueceches que eu abro todas as portas – deixeille claro.

 

Froilán parou en seco. Soltou a miña man.

 

-      Vai – dixo sen ton.

 

-      Pois vou – dando a volta.

 

Froilán quedou prantado no corredor, mirándome avanzar cara a porta da sala das computadoras, predecindo unha hecatombe.

 

-      ¿Ves como abre? – díxenlle, aínda que era obvio, ben se vía.

 

Entrei satisfeita por lle levar a contraria e ter razón, vino desaparecer detrás da porta que se pechaba.

 

-      Benvida Rita – dixo a voz de muller.

 

-      ¿Como que “benvida”? Xa me viches antes – solteille sen reparar en que me chamase polo nome.

 

-      Antes ¿cando? – preguntou a muller.

 

-      ¿Que pasa o nivel de electricidade estática esa afectouche máis a ti do que se supoñía que me ía afectar a min? – rin da muller.

 

-      A min non me afecta a electricidade estática, eu prodúzoa – dixo a muller.

 

Sen que lle prestase atención, lía con coidado os letreiros que antes apuraban ante os nosos ollos aquel idioma estranxeiro.

 

-      A ti si que che afecta, pero non hai perigo – dixo a muller.

 

-      Antes dixeches que era moi perigosa – solteille.

 

-      Antes ¿cando? – volviu preguntar.

 

-      Ai, que carallo – desesperoume a máquina e saín da sala.

 

Sen problema, por suposto; sen averiguar nada das máquinas, por suposto. Froilán agardaba por min do outro lado. Sen expresión.

 

-      ¿Que pasou? – preguntou.

 

-      ¿Que é a electricidade estática? – pregunteille de volta.

 

-      A que deixan os aparatos eléctricos no ambiente – respondiu - ¿por que? ¿douche unha descarga?

 

-      Non ¿que dis? Non me dou nada, pero a tipa esa está mal – díxenlle.

 

-      Díxoche que saíses que te ía frixir – riu Froilán.

 

-      ¡Que non! Que me recoñeciu e todo, o que pasa é que non se lembra de que estiven antes contigo... ou se fai a tonta, a min púxome dos nervios, foille máis efectivo que a ameaza da electricidade estática – razoaba comigo mesma.

 

A Froilán non lle pareciu tan irritante coma a min.

 

-      Daquela non se trata dunha muller, é unha computadora – afirmou – e polo que se ve só te recoñece coma parte do sistema se estás soa. Cando entramos xuntos non te recoñeciu, debiunos tomar por un só ente, analízanos coma un todo, curioso ¿non?

 

Non lle respondín, non tiña moita experiencia en tecnoloxía, a min parecíame curioso todo, desde o comezo ate o final.

 

-      Iso explicaría as súas lagoas de memoria, pero é inconsistente o de que se abran as portas aínda que esteas ti, e co da garda vermella e tal – dixen, por levarlle a contraria máis que nada, porque estaba de non.

 

-      Si, efectivamente non o explica – zanxou - ¿Averiguaches o que querías averiguar dos ordenadores?

 

-      Claro – mentín.

 

-      Claro – notoumo, era obvio.

 

-      ¿Que tal se imos á sala de control, a ver que atopamos alí? – suxerín e ordeei.

 

Froilán accediu e botamos a andar, foinos máis difícil decidir por que corredor botar a andar unha vez tivemos opcións nas dúas mans, e moito máis determinar cal das múltiples portas eran as da sala de control.

 

-      E a min que me sigue parecendo unha boa idea o de poñer indicadores... – bromeaba Froilán.

 

-      Si, sería un detalle pola súa parte – respondín sen lle prestar demasiada atención - ¿e se estiven antes aquí? Noutra viaxe, pero noutra que fixen despois de agora, porque antes lembraríao ¿non?

 

-      Pode ser unha explicación, aínda que nese caso imaxino que serías espabilada dabondo como para deixar as cousas solucionadas para este momento, se non ¿que sentido tería? Imaxino que o deixarías preparado para que nada máis puxeses o pé aquí te levase ó punto onde se solucionan as cousas, ¿que sentido tería que tiveches o poder de programar o sitio este para recoñecerte e guiarte polo bo camiño e se limitase a darche a benvida?

 

-      Igual é que non son tan espabilada – dixen véndolle o sentido ó seu razoamento.

 

-      Esa tamén pode ser unha explicación, pero igual ten máis sentido que o programador fose outra persoa que te coñecese – dixo el.

 

-      Igual de pouco espabilada claro, porque ¿que sentido tería...? – rin.

 

Froilán arqueou a cella.

 

-      Sala de control – dixo a voz de muller abrindo a porta ó pasar por diante.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)