Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 150

July 16, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 150. Claudicar

Claudicar: darse por vencida nunha empresa ou proxecto que non se é quen de realizar, e deixar de realizar o esforzo que se lle dedicaba. Non tivo máis opción que claudicar antes de que a bola de neve o levase por diante.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-      ¿Era así de fácil? – riu Froilán na miña orella.

 

-      Vese que si – rin de volta.

 

Aínda que sabía de sobra que non podía ser, claro que, a dicir verdade, nunca o intentara, quizais si era así de fácil.

 

-      Volven, teñen que volver, non poñades esa cara de satisfacción, seguro que foron por reforzos – a doutora non claudicaba.

 

-      Claro, teñen que ir por eles, non hai teléfonos – rin da médica con descaro.

 

Con tanto descaro que o cóbado de Froilán me chamou a capítulo, el que fora o primeiro en rir.

 

-      De calquera xeito, non tes de que preocuparte, non fan falta reforzos, non vimos facer dano, como dixo Íñigo “somos de dentro” – tratei de tranquilizala, non por ela, senón porque quería avanzar.

 

Quería ver a fábrica, quería entender que era aquela magnífica instalación.

 

-      O que pasa é que non nos coñeces porque somos dunha división especial á que a xente coma ti non ten acceso – a cara de Froilán non tiña xeito.

 

-      Si, eso ten sentido – dixo a doutora.

 

Froilán abriu a boca máis aínda que cando marcharon os gardas e repetía en silencio a mesma pregunta “¿era así de fácil?” e case diría que me miraba con admiración.

 

-      Temos que revisar as instalacións, non quería dicilo diante de Íñigo para que non se puxera nervioso, a xente tende a pensar que o está facendo mal cando alguén fai unha inspección e ponse a defensiva, por iso vimos de incógnito – Froilán torcía a cabeza para que a doutora non lle vise escarallarse – andábamos revisando os cultivos e o demais xa o sabes.

 

-      Daquela teño que comprobar que o golpe non sexa perigoso – preocupouse en serio por primeira vez a doutora.

 

-      Non te preocupes, non levamos golpe ningún, arrolamos ó dar un paso atrás cando baixou a barreira, había lama no camiño – e o mellor de todo é que me saía sen pensar, sen que me tremase a voz, sen dubidar.

 

-      Ah, vale ¿daquela estades ben? – asegurábase a doutora.

 

-      Si, bueno, xa ves – dixen facendo un aceno de desgusto polo estado da nosa roupa, como se iso fose o realmente importante.

 

-      Esas cousas é mellor facelas de día, nos campos non poñen iluminación artificial para non distorsionar os resultados, xa sabedes – explicou a doutora.

 

-      Si, sabémolo, o que pasa é que queríamos adiantar traballo, aínda non traíamos sono e... bueno, se nos dicides onde podemos descansar... hai habitacións para o persoal ¿verdade? Haberá algunha libre ¿non? – preguntaba coma se controlase.

 

-      Claro, claro, xa lle digo a Íñigo que vos leve – dixo saíndo da habitación.

 

En poucos minutos tíñamos a Íñigo cun sorriso encantador disposto a aloxarnos na mellor habitación que a misteriosa fábrica podía prover, actuaba da mesma maneira que nos campos, pero desta vez podíamos escoitar o que dicía.

 

-      Aquí están as habitacións de non sei quen, aquí os vestuarios, aquí... – igual lle debera prestar atención, pero estaba cansa – todas estas están baldeiras, elixide as que queirades, ou a que queirades, que tampouco vou eu... – sorriu con picardía.

 

-      Esta mesma – sinalou Froilán unha porta.

 

-      Achégate máis – indicou Íñigo – parece que non te recoñece, debería abrirse, igual estás lonxe.

 

Froilán aguantou a respiración, miroume non sabendo que facer.

 

-      Perdóanos Íñigo, é que estamos algo atontadas aínda – adianteime a tocar a porta.

 

Non cheguei a facelo, cando estaba á altura de Froilán a porta abriu, tal como dixera Íñigo que debía facer. Eles respiraron, ambos tiñan medo, un porque sempre andábamos no fío dunha navalla moi afiada, o outro porque seguramente a doutora se fora da lingua. Entrei, era unha habitación sinxela cunha cama amplia e un par de portas que pechaban un armario pequeno e un cuarto de baño completo aínda que pequeno tamén. A porta pechou en canto Froilán se decidiu a entrar, sen darnos oportunidade de despedirnos de Íñigo, tampouco el dixo nada.

 

-      Non me jodas que era así de fácil – dicía un Froilán incrédulo sentando na cama.

 

-      Parece que si – sentei ó seu carón.

 

-      ¿E como che dou por aí? – mirábame coma aquel día no Chipirón.

 

-      Medrei escoitando que os do goberno vermello eran tontos de remate – dixen.

 

-      Iso é o que se di dos que viñeron antes, pero igual durmimos cun ollo aberto, polo que poida chegar por esa porta pola noite – volviu o Froilán rosmón.

 

-      Ti durme como queiras, eu simplemente vou durmir – crucei para o outro lado por enriba da cama – pero se ven alguén a matarnos despértame e intentamos o de viaxar e tal... ¿por que me viría semellante cousa á cabeza? Chego a facelo cos do goberno amarelo e non o conto ¿ou si? Mira que se era o único que había facer...

 

-      ¿Canto tempo hai que nos coñecemos? – preguntou sen vir ó caso.

 

-      Non sei, unha semana ou dúas ou... – botaba contas - ¿por?

 

-      Non, por nada, voume duchar – erguiuse e foi cara o cuarto de baño - ¿ves?

 

Non, non volvera o Froilán rosmón.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)