Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 140

May 7, 2013 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 140. Quid

Quid: punto esencial ou porqué de algo. Por fin dei co quid do problema.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-      ¡Alto! – berrou o garda da fronteira.

 

Oriol nin se inmutou, coñecíao e de non ser así tampouco o faría, era unha situación familiar para el e de non ser tampouco se inmutaría porque non era home de inmutarse. Marta disimulaba o terror agachándose detrás das gafas de diva afectada que levaba nas grandes ocasións.

 

-      Non temos aviso de ningunha saída – dixo o garda con voz de sarxento.

 

-      Non é unha viaxe oficial – Oriol fixo un aceno cara Marta – temos unha reunión co pai.

 

O garda baixou para observar a Marta de preto, analizou o seu rostro sen darlle importancia a que levase unhas gafas que lle ocupaban case toda a cara, unha bufanda que tapaba a boca, e un gorro que baixaba das cellas. Encontrou a mirada severa de Oriol ó mirar ó fronte, dou a volta de redor ate poñerse ó seu carón.

 

-      Xa, non a coñecía, ¿e para iso non che dan un salvoconducto ou algo? – preguntou o garda sen moito ánimo.

 

-      Poñamos que non – dixo Oriol con misterio.

 

-      Xa, espera un momento – dixo o garda mirando á garita.

 

Na garita había outro garda mirando ó infinito cuns pés enriba da mesa que non se molestou en baixar nin cando entrou o seu compañeiro. O primeiro garda falou unhas palabras, o segundo garda estricou o pescozo unha milésima para ver por enriba da fiestra; Oriol fíxolle un aceno ca man a modo de saúdo, o segundo garda devolviullo e volviuse para o primeiro garda. O primeiro garda saiu da garita e achegouse ó coche.

 

-      Andando – dixo dando uns golpes na porta sen mirar dentro do vehículo.

 

Marta mantivo a vista á fronte tal como fixera desde que as luces ámbar intermitentes irromperan na escuridade da noite anunciando un perigo inminente, Oriol arrancou pisando o acelerador ate perderse na escuridade de novo.

 

-      ¿E agora? – preguntou Marta.

 

-      Agora contemos a respiración ate pasar a franxa de seguridade – respondiu Oriol con frialdade.

 

-      Non dirán nada ¿verdade? – quería saber Marta.

 

-      Claro que o van dicir, por sorte para nós non ata mañán – respondiu Oriol.

 

-      ¿Estás enfadado? – mirouno fixamente Marta.

 

-      Non – respondiu serio Oriol.

 

Marta quedou mirando para el un pouco máis, non estaría enfadado pero de bo humor tampouco. En realidade non estaba nin de boas nin de malas, tan só se metera no seu papel de garda costas ó que Marta non estaba afeita, mellor dito, non lembraba. Había tempo que pasaran a barreira da relación profesional e a ela non lle resultou difícil substituír aquela imaxe fría pola cálida amabilidade dun Oriol namorado.

 

-      ¿Durmes? – preguntou Oriol sen desviar a mirada da estrada.

 

-      Non – respondiu Marta con voz cansa.

 

-      Pronto vai amencer – falaba Oriol intentando recobrar a cordialidade.

 

-      Si ¿poderemos parar pronto? – case suplicou Marta.

 

-      Faltan uns quilómetros, penseino mellor e collín a estrada directa á fronteira – explicou Oriol.

 

-      ¿Como que á fronteira? ¿Volvemos? – asustouse Marta.

 

-      Non, perdoa, quería dicir á outra fronteira, saímos do país. Non lle vin boa cara ós gardas, doume medo que nos interceptasen antes de alcanzar o noso destino. Non sei exactamente as forzas que teñen desplegadas na vila e Noel non estivo moi disposto a axudarme nese punto; así que preferín non arriscar – esta vez Oriol falaba con voz amable e mirando a Marta despois de cada frase.

 

Marta suspirou.

 

-      Podemos parar se queres, estiras un pouco as pernas – ofreciou Oriol.

 

-      Non, está ben, tardábame a vila... e o mar – volviu suspirar Marta.

 

-      Na vila da fronteira tamén hai mar, alí non imos correr riscos, aínda que o goberno teña “espías” non nos poden sacar do país, non lles deixan. No pobo é distinto, en teoría fanlles frente, pero non – dixo un Oriol decepcionado.

 

-      ¿Como é que non se ve a ninguén? Pensei que habería casas, xente non claro, é de noite, non se ve nada – seguía Marta cas súas contas.

 

-      Se fósemos pola costa verías os pobos, fixeron esta estrada para aforrar distancia, vai a través da montaña, case é unha liña recta – explicaba Oriol.

 

-      ¿Como é que fixeron unha estrada directa da cidade á saída do país se non podemos saír? ¿Que sentido ten? – Marta trataba de poñer orde.

 

-      A estrada serve a máis xente que a da cidade – explicaba Oriol – aínda que a verdade é que si que é raro que o poñan tan fácil.

 

-      Non, claro que serve á máis xente, pero nos mapas que teño na casa non aparece esta estrada, polo que se tivo que facer despois do cambio de goberno da cidade, daquela se non quixeran que non se puidese saír da cidade non permitirían que enlazase... – poñíase seria Marta.

 

-      Aínda que a cidade sexa autónoma ten que comunicarse, os suministros, o comercio... – explicaba Oriol coma se Marta fose tonta.

 

-      Exacto, ese é o quid da cuestión ¿que comercio? – paroulle os pés Marta.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)