Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

diciembre de 2011

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 71

December 4, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 71. Oportunidade

Oportunidade: situación, circunstancia favorable. Onte tiven a oportunidade de coñecelo.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

-     ¿Que? ¿é difícil? – preguntoume Vigo con retranca sinalando o xoguete que me dera a da tenda.

 

-     Si – respondín.

 

-     Hana pódeche axudar, dáselle moi ben – suxeriu.

 

-     ¿Quen? – pregunteille enconlléndome de hombreiros, como se realmente quixera que alguén me axudara a compoñer aquel quebracabezas infernal.

 

-     Ela – dixo sinalando á muller da tenda.

 

-     Non, déixalle que o faga ela soa, é un exercicio moi bo para a percepción espacial – explicou con retranca a tal Hana.

 

Vigo miroume con complicidade e cun arqueo de cellas preguntoulle a Hana se me pasara de lista, ela deixou caer as pálpebras con comprensión. Un barullo repentino na tenda arrimou a un lado o tema do xoguete malvado.

 

-     ¿Que pasa? – preguntou un home entrando.

 

-     ¿Estades ben? – preguntou unha muller.

 

E o interrogatorio sucediuse conforme ía entrando xente. A cociña encollía a medida que aumentaba o público. En cuestión de segundos sentín que a claustrofobia me paralizaba contra a mesa ate intentar sentar enriba para poder respirar o meu propio aire.

 

-     Parece que estamos todos – dixo o home da tenda.

 

-     Estamos, pensei que quedáramos en non volver a xuntarnos aquí – dixo unha muller.

 

-     É unha emerxencia – respondiu o home.

 

-     Mira Raúl, emerxencia será, pero desde logo o sitio non é o máis indicado, estou comezando a ter claustrofobia e a esta estáselle poñendo unha cara rara – dixo a muller sinalándome.

 

-     Ela é precisamente a razón desto, ¿estás ben? – preguntoume Raúl.

 

-     Si, si – mentín.

 

-     Senta na mesa, se queres – suxeriu Hana.

 

Non deixei pasar a oportunidade, sentei e respirei.

 

-     Cóntalles, cóntalles – pediu Hana.

 

-     Si, que xa teño gana de ver de que vai tanto misterio – bromeou Vigo.

 

Conteilles rápido polos nervios toda a historia, máis ou menos como llo contara a primeira vez ós donos da tenda. Quizáis omitira algún detalle, igual engadira algún matiz. Non lles mirei a cara mentres contaba a historia, estaba concentrada respirando, buscando unha postura cómoda, pensando en que igual se comera a mazá tería o estómago máis asentado. Cando rematei o silencio fixo que os mirase, tiñan a mesma expresión que puxeran Hana máis Raúl.

 

-     Joder co misterio – refregaba Vigo a cara con desesperación.

 

-     Xa che digo – dixo unha muller.

 

-     Trinta anos así – recalcou Hana.

 

-     ¿Como? – preguntou Vigo.

 

-     Que esta merda vai durar trinta anos – respondiu Raúl.

 

-     ¡Polo menos! – esaxerou Hana.

 

-     Ah, claro, non caera neso, eu pensaba noutra cousa – dixo Vigo.

 

-     No que pensabas ti xa o sabemos todas – dixo outra muller vacilando.

 

Vigo mirouna cun sorriso socarrón e chiscoulle un ollo.

 

-     Creo que Vigo se refire ó das viaxes -  aclarou un home medio rindo.

 

-     Eu xa vos dicía que era posible ¡é que tiña que ser! – dixo Vigo eufórico – claro que o problema vai ser averiguar como ¿por que parece que ti non o tes moi claro?

 

-     Non, precisamente vin pensando que vós me podíades axudar – dixen.

 

-     ¿Nós? – preguntou unha das mulleres  - ¿paréceche que temos idea de algo nós? ¿cres que se soubéramos algo non o faríamos?

 

-     Non me refería a isto das viaxes, refírome a como comezou todo, ou mellor aínda, cando comezou todo – aclarei.

 

-     Antes dixeches que tiñas un plan ¿non? – preguntou Raúl.

 

-     Si, unha idea, dixeches que tiñas unha idea – reclamou Hana.

comentarios (0)



5/5 (1 voto)