Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

junio de 2011

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

June 12, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 57. Xamais

Xamais: En ningún momento, en ningún tempo, ningunha vez. Xamais me atopei tan ben como agora.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

E aquela falta de convencemento foi a que me serviu de coartada para a miña pequena rebelión. Se Froilán me dixera o que ocorría en realidade, se el tratase de animarme a facer semellante barbaridade, se el puxese algo da súa parte para involucrarme nos plans da resistencia, se el fixese calquera cousa con ánimo dabondo igual me deixaba levar; pero a súa falta de entusiasmo doume azos para, por fin, coller as rendas da miña vida.

 

-     Bueno, se eles cren que son capaz de facelo igual o haberá que facer – dixen fixindo desinterese.

 

Froilán erguiu a cella case sorprendido, desconfiando quizáis.

 

Non era a miña intención facer o que me dicían. Se eles crían que podía viaxar no tempo cara atrás, sen o meu sofá, sen axuda, sen o suposto entrenamento que me ían proporcionar, sen directrices, sen nada, igual era que o podía facer. Poderían ter ou non interese en que me matasen os do goberno, ou mesmo querer matarme eles, pero facerme viaxar cara atrás no tempo sen saber o resultado non era indicio de que me quixesen mal. Non ganaban nada ca miña perda no alén. Así que se querían que o fixese, seguramente era porque o podía facer.

 

-     Moi ben ¿como o queres facer? – preguntou sen emoción.

 

-     ¿Agora, dis? – alarmeime.

 

-     Canto antes, cando ti queiras, pero se pode ser agora que non sexa máis tarde – esixiu.

 

-     Vaia, pois para non pasar nada si que hai apuro – dixen con sorna.

 

Ergiu a cella e miroume, diría que case esbozou un sorriso.

 

-     Está ben, dame uns minutos – pedín.

 

Fun para o cuarto de baño, pechei a porta e mirándome no espello pensei en que volver cara atrás no tempo, concentreime en que niso era o que quería; pero non uns meses, senón uns anos, quería saber como comezara todo, quería saber quen era cada quen, que papel xogaba cada peza dentro do quebracabezas, quería sabelo todo... e despois, unha vez sabido, mandalos a todos a paseo e deixar que o mundo volvese a ser o que quería ser.

 

A verdade é que non tiña idea de cando comezara todo, supoñía que uns anos antes de eu nacer. De calquera xeito, se non acertaba co ano á primeira non había problema, se podía ir trinta anos atrás podía ir tamén trinta e cinco ou corenta incluso, ou quen sabe o que realmente podía facer.

 

Mireime de novo no espello. Sorría. Esa era eu.

 

Saín e fun onda Froilán dicirlle que xa estaba preparada, nunca o fixera con público que non fose no sofá, en caso de que a cousa fose mal o ridículo era compartido; pero era raro facelo con el mirando.

 

-     Non, eu non vou estar mirando, eu vou contigo – soltou.

 

Tratei de disimular o disgusto que supoñía un polizón no meu plan, tatexando, intentando explicarlle que igual non tiña forza dabondo para os dous, que non sabía o que ía pasar e que non quería ter o cargo de conciencia de facelo desaparecer; mais todos os meus argumentos, excusas, advertencias, ameazas non valeron de nada, mirábame fixamente e dáballe voltas á cabeza.

 

-     Non podemos deixar que vaias soa – dixo non sei se para reconfortar ou para ameazar.

 

-     Bueno, non sei como sairá – deixei caer con intención de que desistise.

 

-     Seguro que sairá ben – respondiu no mesmo ton.

 

Penseino, non tiña nada que facer pero tampouco me estorbaba.

 

-     Vale ¡imos á rúa! – dixen enerxicamente.

 

-     Non, imos facelo aquí – respondiu el sen moverse.

 

-     Non hai sitio para coller carreira – argumentei.

 

-     Vai ser mellor que non gastes enerxías correndo e te concentres no tempo, vas ter moito desgaste – dixo.

 

-     Nunca o fixen así – dubidei.

 

-     Sempre hai unha primeira vez – volviu dicir sen inmutarse – imos para a habitación.

 

Deitámonos na cama e colliume da man.

 

-     Non, se me tocas non... – díxenlle.

 

Xamais pensei dicir tal.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

June 5, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 56. Viceversa

Viceversa: indica que, ademais do que se predica na oración, tamén se afirma o mesmo ó inverter os seus termos. O avó tiña unha especial predilección polo neto, e viceversa.

 

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...

 

 

 

-     ¿E que tal me quedaba? – preguntei.

 

-     ¿Como? – preguntou desorientado.

 

-     O pixama ¿que tal me quedaba? – insistín.

 

Froilán enrugou o fuciño pensando en se me soltaba unha barbaridade ou me devolvía á realidade.

 

-     Tratándose de Cira, seguramente non, nunca lle escoitei nada agradable de ninguén e viceversa – dixo con retranca.

 

-     Imos facer máis exercicios deses da confianza ¿ou? – preguntei.

 

-     Non, non creo que vaian servir para nada, nin que teñamos tempo para practicar, estou pensando que será mellor – dixo desorientado.

 

Erguiuse e volviu para a cociña.

 

-     Non... non está preparada... xa... si, si, xa che entendín, pero... bueno, está ben... – dicía sen ánimo.

 

Tirou o teléfono contra algo e volviu á habitación.

 

-     ¿Xa estás recuperada? – preguntou sen retranca e sen nada.

 

Encollinme de ombreiros.

 

-     Descansa un pouco máis – dixo volvendo á cociña.

 

Remexiu nas alacenas, choqueleou tixolas e cacharros e ó pouco comezou a ulir a comida. Ecoiteino varias veces vindo cara a habitación e volvendo antes de chegar.

 

-     Érguete, fixen algo de comer – case ordeou.

 

Na cociña había un plato posto, el quedou de pé ca mirada perdida e cara de preocupación.

 

-     ¿Ti non comes nada? – preguntei sen parar de comer.

 

-     Non, non teño fame – respondiu.

 

Despois duns minutos de silencio soou o seu teléfono. Mirouno de reollo sorpendido de que aínda funcionase e, ó mesmo tempo, apático. Silencio. Ó pouco volviu soar e tomando alento de mal xenio colliuno.

 

-     ¿Si? – dixo con voz tranquila - ¡Que si! – berrou.

 

Pousou o móbil enriba da pedra da cociña e seguiu mirando para ningures. Do teléfono saía unha voz chillona de home. Non se distinguía ben o que falaba, só se adiviñaba a intención, cada pouco unhas preguntas de confirmación que ó non escoitar resposta insistían e berraban demandando atención.

 

-     ¡Que si, hostia! – berrou Froilán sen moverse.

 

A voz saía do teléfono sen tomar alento. Froilán incorporouse, mirou o teléfono, colliuno e colgou; tirouno de novo contra a parede.

 

-     É bo – dixen véndoo caer sen romper.

 

Miroume pero non dixo nada. Saiu da cociña e dou voltas polo corredor. Volviu.

 

-     Mira, estes dinme que temos que volver, pero non estou seguro de que sexa o máis intelixente – dixo por fin.

 

-     ¿A vila? – preguntei referíndome ó último pobo onde estivéramos.

 

-     Non, á cidade – dixo mirándome fixamente.

 

-     Pois non, non parece o máis intelixente, tendo en conta que non facedes máis que dicirme que me van matar...

 

-     Non, queren que volvas uns meses atrás – dixo.

 

-     Ui, si, e eu ser millonaria e vivir nunha desas casas que hai alí abaixo – dixen sinalando á fiestra.

 

-     Eles cren que o podes facer, que deberías poder facelo – dixo.

 

-     ¿E ti que cres? – preguntei.

 

-     Nada, eu xa non creo nada – dixo decepcionado.

 

-     ¿Pasou algo? – interroguei.

 

-     Non – respondiu sen convencemento.

 

 

 

 

 

 

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)