Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

mayo de 2011

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares. Capítulo 55

May 1, 2011 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 55. Ubicua



Ubicua: que está presente en todas as partes ó mesmo tempo. Podería facer todo o que me piden se fose ubicua – díxolle ó xefe.



Fonte:    Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados, dalgún xeito tiña que amortizalos porque non teño mesas que coxeen tanto, nin armarios... bueno, por fin lle atopei uso, aguantando da pantalla plana, que non sei que tanta falta de sitio hai que as teñan que facer tan planas...





O da confianza era máis complicado do que parecía. Froilán poñíame probas nas que caía con facilidade, non conseguía distinguir entre o que era ter confianza en min mesma e cuestionar as ideas prefixadas. Según Froilán non había opción para cuestionar nada, tiña que defender a ultranza cada cousa que me pasara pola cabeza porque só iso era verdade.



Eu, que me coñecía de máis tempo, sabía que ás veces pola cabeza pasábanme cousas que non eran certas de todo, só conseguía aillar os meus prexuízos podía ver a verdade, pero non era capaz de facerllo comprender.



-    Pois daquela tes que conseguir desbotar eses prexuízos que dis que tes – dixo por fin.



Porén era máis fácil dicilo que facelo ¿quen consigue desbotar a néboa que non deixa ver? Foi un debate intenso que só puiden ganar ó mencionarlle a súa reacción ó pensar que me  deitara con el para evitar que collera a Damián.



-    Eu non son ti, ti tes que conseguir facelo – sentenciou e marchou durmir, deixándome plantada no medio da habitación baldeira.



Ó día seguinte xa almorzara cando me veu despertar, agardou con paciencia ate rematei e sen recoller nin nada botámonos á rúa. Fixemos máis quilómetros que o día anterior, non é que fose impresión miña polo cansanzo, non, chegamos máis lonxe, ate el mesmo pareciu derrearse. Ó chegar a casa deiteime e por moito que berrou Froilán non me erguín ate botar unha pequena siesta.



-    ¿Que é ubicua ou que? – falaba Froilán na cociña – pois eu dígoche que está aquí na habitación do lado... non, non, non pode ser.



Notaba polo volume que viña cara a habitación.



-    Está aquí – dixo e colgou o teléfono.



Miroume serio, pero non dixo nada. Erguinme porque me comecei a sentir incómoda de tan fixamente que fitaba.



-    Se sabías que estaba non tiñas que vir comprobalo – bromeei.



A el non lle fixo gracia, non riu, nin cambiou a expresión da cara, nin se moviu.



-    Non me poñas mala cara, que xa me ergo – dixen.



Non se inmutou.



-    Duplicaches o tempo – acusou.



-    ¿Eu? – preguntei - ¿e como supós que fixen semellante cousa?



-    Pois non o sei, pero dinme da cidade que te viron por alí – dixo.



-    ¿Que dis? Confundiríanse – dixen.



-    Non, non se confundiron.



Sentou no borde da cama.



-    ¿E agora que facemos? – preguntou.



-    ¿Eu seino? – respondín.



-    Era de esperar – dixo.



-    Era de esperar non, se de cada vez que viaxamos duplicamos o tempo ten que haber cincuentamil realidades como mínimo – expliquei.



-    Si, iso ten lóxica – admitiu – pero foi a única vez que mandaches alguén ó pasado, igual esa é a causa.



Non podía crelo.



-    Mirándoo polo lado bo: hai o dobre de nós para facer o que facemos – dixen.



-    E o dobre deles, co pequeno inconvinte de agora eles saben de vós, ou de nós – botou en cara.



Tiña razón. A matemática non falla.



-    A todo isto ¿e a nós que máis nos ten? – preguntei – se hai o dobre pois que se entendan entre eles, a nós non nos afecta para o tema este ¿non?



-    Non, claro que non sei que pasará se te matan na cidade – dixo.



-    Por iso non te preocupes, seguro que son igual de lista no outro tempo que neste – rin.



-    Xa, se iso é o que me preocupa – dixo con retranca.



Contoume que o chamaran porque Cira lle dixera a Hugo que me vira con Priscila e Clara probando un pixama rechamante, según ela.






comentarios (0)



0/5 (0 votos)