Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

noviembre de 2010

Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares

November 28, 2010 por Raquel Couto Antelo  

Capítulo 1. Un principio errado, un mal comezo

Principio: idea que serve de base para establecer novos razoamentos. Parto do principio de que todas as regras teñen excepcións.

Fonte: Diccionario da Real Academia Galega. Editorial Galaxia, S.A., 2000... si, antes da nova normativa... que cartos tirados...

- ¡Joder joder joder! – desesperaba Xuño.

- Bueno, seguro que tampouco é para tanto – tratou de calmarnos Priscila.

- Quen sabe, igual tes razón – dixo Úrsula.

- Ou igual non – dixo Clara.

- Xúrovos que non sei que me pasou – lamentei.

Elas miráronme con comprensión, aguantando as ganas de botarme unha boa bronca, pero con comprensión.

Non sei que me pasou, tiña ben claros os mandamentos. Persoalmente nunca os violara. Persoalmente nunca escoitara de ninguén que o fixera. A verdade é que ninguén nos explicou que pasaba se o facíamos... igual deberan.

Partín da idea de que era o mellor, unha excepción, pero o mellor.

O home contactara comigo polas canles correctas, o que me levou a supor que, cando menos, sabía todos os contrasinais que abrían todas as portas. Na guía non veño. A última vez que fixéramos a comprobación de seguridade, non había nin dúas semanas, o noso cebo tivera que facer quince contactos antes de chegar a nós, quince, nin dezaseis nin catrorce ¡quince! Era case imposible, por non dicir imposible, que unha persoa non correcta chegase a min.

Eu respiraba tratando de tranquilizarme, de xustificarme, non sabíamos que ía pasar. Tampouco podía ser demasiado malo se o home viñera polo camiño correcto. Ademais viña cunha nena, cunha nena de cara triste que agarraba un oso peludo, que me miraba con aqueles ollos suplicantes, non puiden facer moito máis.

Non debín, seino, non debín; pero tampouco pensei que fose para tanto.

A nena dixo que quería moito a súa nai, o home que botaba de menos á muller.

Está ben, pilloume cas defensas baixas, erro meu.

- ¿Que pasará agora? – preguntou Clara.

¿Quen podía prever o que ía pasar? Nós non. Nin Xuño nas súas máis pesimistas suposicións sería quen de achegarse ó que ía pasar.

Debín dicir que non. Pero o home viñera polas canles correctas e a nena tiña aqueles ollos tristes.

Só había que agardar. Todas víramos “De volta ó futuro”, coñecíamos as consecuencias, se todo fora coma nas películas, que igual non era.

A norma, o establecido, era mandar ó futuro a quen chegase onda nós, sempre ó futuro, ben lonxe para que non os atopasen, para darlles marxe, unha fuxida cara adiante. Era o establecido, o que sempre facíamos, o que sempre fixéramos.

A nena dicía que botaba de menos a súa nai e o home dicía que quería moito a súa muller.

Pilloume nun mal día.

Senteinos no sofá, o home primeiro, a nena nos seus xeonllos; e empurrei o sofá como adoitaba. Desapareciu na escuridade uns segundos e despois, como adoitaba, volviu a aparecer baleiro. Se non se poidera facer seguirían no sofá, deducín.

- Si, pode ser ou, ó mellor, aínda que pensabas en mandalos ó pasado o sofá mandounos ó futuro – dixo Xuño, máis aliviada.

- Si, ou igual se desintegraron – deixou caer Clara.

Con iso non contáramos.

- É unha opción – dixo Úrsula.

Unha opción interesante. En lugar de reunir ó pai namorado, a filla amorosa ca nai finada, fulmináraos. Interesante.

- De ser así non teríamos de que preocuparnos – soltei.

¡Era certo! Cruel igual, pero certo.

Miráronme mal, na nosa ética a responsabilidade sobre as vidas era o primeiro; non fixéramos o xuramento de servir e protexer, a todos os que o fixeran medráralles unha barriga superantiestética. Nós tiñamos a convicción, pero non fixéramos o xuramento... por previr.

- Eu marcho – dixen erguéndome.

Elas seguiron á mesa, rematando o café. Tiña que descansar, psicoloxicamente estaba esgotada.

¿Non anda moi despistada Rita estes días? – preguntou Clara con suspicacia.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)