Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Tecnoloxías para a autonomía persoal

June 3, 2011 por Gradiant  

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle dende o luns e por segundo ano consecutivo as II Xornadas de eAccesibilidade

o A inscrición é gratuita e se trata dun ciclo de conferencias e mesas redondas

o Están organizadas pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, coa colaboración de GRADIANT e o patrocinio da Fundación Vodafone



Por segundo ano consecutivo, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle as Xornadas de eAccesibilidade, un evento gratuito organizado pola propia Escola, coa colaboración de GRADIANT e o patrocinio da Fundación Vodafone.

Dende o luns día 6 de xuño e ata o 8, empresas e institucións presentarán diferentes propostas que permiten o acceso á tecnoloxía a persoas con necesidades específicas, que axudan ao desenvolvemento das tarefas cotidiás e ao día a día en xeral. Estas tecnoloxías non están dirixidas especialmente a discapacitados, senón que se dirixen a todas aquelas persoas que teñan unha necesidade específica: por exemplo, persoas maiores que queren conservar a súa independencia e que ao mesmo tempo queren contar coa tranquilidade de poder pedir axuda, de que lles axuden coa medicación ou simplemente a comunicarse fácilmente.

Estas tecnoloxías contribúen tanto á inclusión social de persoas con necesidades especiais e á mellora da calidade de vida da cidadanía en xeral.

O perfil de asistente a estas xornadas pasa por persoas con diferentes dificultades visuais, auditivas, síquicas, persoas maiores ou persoas que se ven privadas de mobilidade, ben sexa de xeito circunstancial e pasaxeiro ou permanente. A organización convida tamén a colectivos que dirixan a súa actividade a este sector da poboación e a enxeñeiros, "que poden descubrir novas aplicacións ás súas investigacións ou descubrir un novo campo de traballo", sinalan os organizadores. "O ano pasado un preto dun 50% dos asistentes non eran técnicos e ao rematar todos nos transmitiron á súa satisfacción cos contidos e a súa utilidade".

Teleasistencia, domótica orientada á discapacidade, monitorización de enfermos... son só algúns dos temas a tratar. No caso de GRADIANT, que estará presente nunha das mesas redondas, presentará o proxecto Interacce, no que traballa de forma conxunta con Wireless Galicia e o grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo. A investigación trata da a creación de interfaces multimodais, adaptables e intuitivas baseadas en control mediante recoñecemento de voz e procesado facial, un modelo que será adaptado para o control dunha plataforma de telemedicina e monitorización a distancia.

Trata, en definitiva, de presentar un apoio e solucións tecnolóxicas para facer accesible o que ata agora era inaccesible para unha parte da poboación.

Programa

http://webs.uvigo.es/accesibilidade_tic/?q=es/node/27

Inscrición (gratuita)

http://webs.uvigo.es/accesibilidade_tic/?q=es/user/register

 

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

GRADIANT leva as novas tecnoloxías AAL aos centros de educación especial

April 11, 2011 por Gradiant  

Artigo publicado orixinalmente en www.gradiant.org

20110406_bci_1

A primeira visita dos técnicos e monitores de GRADIANT, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia foi no Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte de Lemos.

A actividade está cofinanciada por FECYT e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

Trinta alumnos, acompañados dos docentes e coidadores do centro, puideron gozar de seis actividades diferentes, baseadas en distintas tecnoloxías

O obxectivo é mostrarlles diferentes sistemas dentro da contorna de tecnoloxías AAL que poden mellorar a calidade da súa aprendizaxe e a súa calidade de vida

Até o mes de xuño, GRADIANT seguirá visitando centros por toda Galicia

 

cabecera_fecyt_blog



Continuando co espírito divulgador e de implicación coa sociedade do que fai gala desde a súa fundación, GRADIANT comezou esta semana coas visitas a centros de educación especial de Galicia. Desde o ano 2008, o centro desenvolveu diferentes actividades dirixidas a centros de educación secundaria, bacharelato, ciclos formativos e tamén ao público xeral, reunindo a algo máis de 600 estudantes na última Semana da Ciencia (novembro de 2010). Nesta liña, GRADIANT deu un paso máis e levou as actividades aos propios centros, no caso desta iniciativa, a centros de educación especial.

Un total de 8 técnicos de GRADIANT, acompañados de monitores especializados, pasaron o día no Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte. Alí ensinaron a través de xogos diferentes tecnoloxías a 30 alumnos e explicaron en profundidade o funcionamento e o manexo das mesmas aos docentes do centro.

As actividades tiveron unha moi boa acollida e tanto os alumnos como os profesores colaboraron activamente, implicándose nas demostracións e prácticas. Ademais da presenza no centro, os técnicos de GRADIANT visitaron a casa dun alumno en réxime de atención domiciliaria, debido unha grave incapacidade física. Neste caso particular, o alumno gozou especialmente dun xogo (que aínda non se comercializa en España) baseado na tecnoloxía coñecida como BCI (Brain Computer Interface) e que funciona a través dos sinais eléctricos producidas pola actividade cerebral.

Esta xornada de aprendizaxe mutua, serviu para que moitos dos suxeitos implicados na educación destes alumnos sexan conscientes das posibilidades reais que certas tecnoloxías lles ofrecen. A gran maioría das aplicacións mostradas na visita son libres, polo que alumnos, docentes e pais poden continuar usándoas unha vez terminada a visita, na súa casa ou no centro. O obxectivo é que estes sistemas contribúan a mellorar a calidade da súa aprendizaxe e na medida do posible, a súa calidade de vida.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

GRADIANT, UDC e o Concello de A Coruña presentan un novo sistema para a práctica deportiva en espazos non convencionais

March 24, 2011 por Gradiant  

*Noticia publicada orixinalmente na web de GRADIANT

GRADIANT, UDC e o Concello de A Coruña presentan un novo sistema para a práctica deportiva en espazos non convencionais

Imprimir Correo-e

20110418_presentacionenc_system

David Chaves, investigador de GRADIANT e Javier Castaño, director técnico, participaron no evento organizado en A Coruña para presentar o ENC System, un sistema pioneiro para a práctica deportiva en espazos públicos.

O sistema foi desenvolvido por GRADIANT e a Universidade de A Coruña para o Concello de A Coruña

Durante a presentación, o alcalde, Javier Losada, destacou a aposta do concello da Coruña polo fomento do deporte, a mobilidade e a vida sa. Este proxecto de actividade física, deporte e saúde, servirá para fomentar a práctica deportiva co obxectivo de mellorar o benestar dos cidadáns (combater as taxas de sedentarismo e mellorar a saúde).

Ademais da intervención das autoridades e do decano da facultade de INEF da Universidade da Coruña, Rafael Martín Aceiro, interviñeron Fco. Javier González Castaño, director técnico de GRADIANT e David Chaves Diéguez, investigador, para explicar o funcionamento do sistema.

O concello quere adaptar os espazos públicos (o Paseo Marítimo, parques e xardíns, areais,...) para converter a práctica da actividade física en exercicio físico comunitario. Dotarase á contorna dunha ferramenta para o control do exercicio físico comunitario, a través dun software que permitirá controlar o exercicio que realicen os usuarios. Está previsto que o sistema entre en funcionamento o próximo ano.

Funcionamento do sistema

Os cidadáns disporán dun dispositivo electrónico para medir e controlar a súa actividade física, para levar un control e saber se o fan ben ou mal. Trátase de promocionar unha vida activa, con exercicio físico nestes espazos non convencionais de exercicio saudable e un transporte activo, como camiñar ou andar en bicicleta.

O usuario leva un brazalete, que acende cando inicia o circuíto aberto e cada vez que pasa por un punto de control, rexístranse os tempos de paso por cada un dos puntos. Cando finaliza o percorrido, acciona o pulsador e indícaselle se o percorrido foi realizado en forma adecuada ou inadecuada. Ademais, haberá unha web e o usuario pode acceder cun contrasinal a todos os seus datos estatísticos do percorrido. Desta forma, hai un control dos cidadáns nos chamados espazos non convencionais para o deporte, como son as vías públicas, por exemplo, o Paseo Marítimo de Riazor.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Tecnologías Especiales para Personas Especiales

March 24, 2011 por Gradiant  

*Entrada publicada orixinalmente no blog de divulgación de GRADIANT

Tecnologías Especiales para Personas Especiales

 

  • La actividad, cofinanciada por FECYT y el Ministerio de Ciencia e Innovación, consiste en una serie de visitas a los centros de Educación Especial de Galicia que así lo soliciten
  • En estas visitas, los investigadores de GRADIANT y el monitor  especializado que les acompañará, procurarán acercar a los alumnos, profesores y padres las nuevas tecnologías, especialmente aquellas que puedan servirles para mejorar  su acceso a las nuevas tecnologías, su calidad de vida y apredizaje.
El proyecto se viene desarrollando a nivel interno desde hace meses y tras la fase de preparación y selección de las tecnologías a presentar a los centros, con la colaboración de los profesores, llega ahora a su momento más práctico. A finales de este mes de marzo, los investigadores de GRADIANT visitarán el primero de los centros que solicitó participar en la actividad.
GRADIANT cuenta con una gran experiencia en cuanto a actividades de divulgación científica con alumnos de IES, que cursaban en el momento de las actividades ESO o Bachillerato: menos de seis meses después de que comenzase el funcionamiento operativo del centro, en 2008, celebraba su primera actividad de divulgación científico-tecnológica. Sin embargo, esta será la primera experiencia en Centros de Educación Especial y todos los investigadores involucrados se muestran muy motivados con esta nueva actividad.
Para facilitar el acceso a las actividades de estos centros, GRADIANT cambia ligeramente el concepto de sus actividades con estudiantes y en lugar de celebrarlas en sus instalaciones, acude a los centros a mostrar a los alumnos las nuevas tecnologías de las que ya pueden disfrutar.
Los alumnos de estos centros son un colectivo que tradiacionalmente ha estado alejado de ciertas actividades de índole tecnológica, a pesar de ser uno de los que más se podría beneficiar de ciertos avances (como nuevas interfaces hombre-máquina, periféricos adaptados, juegos accesibles, nuevas posibilidades de comunicación...).
Desde la organización, esperamos que todos los alumnos y profesores que nos reciban disfruten de las actividades y juegos que les propondremos.



Si algún centro interesado desea recibir información sobre esta actividad, puede escribirnos a actividades@gradiant.org o llamarnos al 986 81 86 37.
A través de la web de GRADIANT, nuestro perfil en Facebook, y desde este mismo blog os mantendremos informados de como van resultando nuestras visitas.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

I+D+i … e todo iso, para que serve?

March 2, 2011 por Gradiant  

Grupos de investigación, universidades e en maior medida, centros tecnolóxicos, enfróntanse cada día ao reto de lograr contratos con empresas e de captar financiamento público para poder continuar coa súa actividade de I+D+i, ademais de ter o deber de comunicar en que se invisten os fondos que van parar ás súas mans.

Con todo, dá a sensación de que ao groso da poboación lle chegan moi poucas noticias científicas ou tecnolóxicas. Aínda que cada vez existe un maior compromiso e estanse a dar pasos en moitas institucións e medios, en raras ocasións se pode ver unha noticia deste tipo nun medio xeralista ou nun informativo á hora de maior audiencia. En incontables ocasións, dá a sensación de que só se publica información de investigacións con algún compoñente extremadamente rechamante, chegando ao público unicamente o anecdótico.

Pero a responsabilidade non é só dos medios de comunicación, senón tamén dos científicos e as entidades que xeran o coñecemento. Son elas as que deben manter aos medios, na medida do posible, informados dos últimos avances e das posibilidades que estes ofrecen, a súa transcendencia pública. Antes de procurar a atención do público hai que buscar a atención do xornalista.

A desinformación da sociedade xerará sempre desigualdade, xa que se rebaixará a "curiosidade por saber" a niveis mínimos, coa lóxica consecuencia de que tamén se rebaixará o nivel de coñecementos e a cultura. O avance e crecemento da sociedade pasa tamén pola difusión de información científico-técnica, para poder formar individuos competentes, críticos e activamente participativos nos progresos da ciencia e a tecnoloxía.

Así, un dos obxectivos da divulgación é sempre o alentar vocacións nos mozos, motivar a cada xeración para que sempre exista outra de substitución e seguir avanzando.

Doutra banda, toda organización sabe que, á hora de captar fondos ou clientes, á hora de explicar un proxecto, sempre é difícil facer ver os seus beneficios. Neste caso complícase e require un gran esforzo, posto que se engade o factor técnico.

Así pois, a divulgación do seu traballo e a explicación dos seus logros, así como o alentar novas vocacións de enxeñeiro foi desde a súa fundación uno dos obxectivos de Gradiant. A través das súas diferentes canles, o centro fai un especial esforzo por comunicar as súas capacidades. Gradiant tenta explicar "como funciona" o que propón e "para que serve".

Varias veces ao ano organiza actividades de divulgación, tanto con nenos e mozos como con colectivos tradicionalmente excluídos deste tipo de iniciativas, como poden ser os maiores ou as persoas con necesidades especiais. De feito, nestes momentos, Gradiant está a desenvolver un proxecto, financiado pola FECYT, que consiste en levar aos centros de educación especial de Galicia certas tecnoloxías que melloran a calidade de vida, de aprendizaxe e de acceso á tecnoloxía dos alumnos destes centros.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Un centro tecnológico consolidado

March 1, 2011 por Gradiant  

Dos años y medio después de iniciar su actividad, el Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) ha alcanzado el final de su primera fase de consolidación. Cuando en diciembre de 2007 se reunía por primera vez el patronato del centro, los objetivos eran convertir en realidad un proyecto ambicioso liderado por investigadores de la Escuela de Telecomunicaciones de Vigo con una contrastada experiencia en transferencia de tecnología.

Hoy podemos decir que no sólo se ha conseguido el objetivo sino que se ha superado gracias a un modelo de innovación abierta que ha primado la colaboración con otros agentes. Actualmente desarrollan labores de investigación en el centro más de 40 investigadores, se ha colaborado con más de 50 empresas, el centro participa en más de 50 proyectos a nivel autonómico, nacional y europeo, se ha liderado con éxito la presentación de tres proyectos de Fondo Tecnológico con un presupuesto superior a los 9 millones de euros pero, sobre todo ello, se ha logrado reunir un equipo joven de alto nivel y con una elevada motivación que ha permitido alcanzar excelentes resultados en transferencia de tecnología y garantiza un flujo continuo de éxitos en el futuro.

A la consideración alcanzada en 2010 como centro consolidado a nivel autonómico se unirá previsiblemente en 2011 la incorporación, tras superar los exigentes requisitos, al registro nacional de Centros de Innovación y Tecnología, que posibilitará el acceso a nuevas oportunidades de innovación y mejoras en las condiciones de financiación de las empresas gallegas con las que se presentan proyectos en convocatorias nacionales, además del innegable prestigio que supone la admisión en un tiempo récord a un club al que sólo otros tres centros gallegos pertenecen.

¿Nuevos retos? Por supuesto. Gradiant ya participa en un proyecto del séptimo programa marco y ha tenido presencia permanente en Bruselas en el último trimestre del año, pero necesita una actividad internacional de mayor calado para poder competir en igualdad de condiciones con centros históricos como el Fraunhofer o el CNRS, y, en paralelo, poder crear un entorno que permita la captación y retención de talento, absolutamente necesario para los planes de crecimiento del centro.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)