Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Benedicto. Música e compromiso coas nosas liberdades

June 23, 2014 por Mibú  

O próximo 26 de xuño o Teatro Principal reunirá cidadáns e cidadás nun acto homenaxe a Benedicto García Villar para agradecerlle o moito que lle debemos como cantautor da liberdade e da cultura galega, mais tamén como sindicalista e mestre comprometido coa renovación pedagóxica e a defensa do ensino público. A homenaxe vai acompañada da edición dunha obra colectiva, Benedicto. Polo mar da liberdade, que coordinou Ricardo Gurriarán e que vén de ser editada no catálogo da Fundación 10 de Marzo.

 

Unha obra de agradecemento e memoria ao redor de Benedicto na que 32 autores, que trenzaron amizade e soños con el, encadernan unha irmandade de letras, fotografías e arte plásticas a carón dun DVD que acolle un documental no que se repara na súa vida para compoñer un lenzo da súa achega á cultura e o activismo político e social a través de entrevistas, fotografías, gravacións e a súa produción discográfica.

 

No volume colaboran, entre outros, Xesús Alonso Montero, Emilio Pérez Touriño, Vicente Araguas, Arturo Reguera, Xerardo Estévez, Fermín Bouza, Salvador García-Bodaño, Vicente Álvarez Areses, Bibiano, Chuspe, Suso de Toro, Domingo Villar, César Lombera, Arcadio López-Casanova, Ana Liñares, Xan María Castro, Pepe Paraños, Honorio Cardoso, Aser Álvarez, Zélia Afonso, Francisco Fanhais, José Jorge Letria e Manuel Freire, ademais dos artistas plásticos Xoán garcía Pardiñas, Manuel Quinana Martelo, Xavier Otero Llovo, Paola García Paz, Xulio Maside Medina, Loquis e Xurxo Fernández.

 

O libro pode adquirirse a través da web de Meubook a un prezo de 20 euros.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)