Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

agosto de 2011

" A experiencia Meubook" por Edita Cobas

August 25, 2011 por Mibú  

, , , ,

 

Edita Cobas, unha muller autodidacta e loitadora, claro exemplo de superación, que  reflexa o afán de sacrificio e esforzo, e como éstos se poden ver recompensados.

Naceu en San Xan de Ortoño, Lapido, concello de Ames. Dende o ano 1967 vive no lugar da Hermida, na parroquia de Oza, no concello de Teo.

Combina o seu traballo na fruticultura, o que lle permite estar en contacto coa natureza, coa súa pasión, a escritura.

 

1.Cómo coñeceu Meubook?

Coñecín Meubook por medio dun amigo. Deume confianza e recomendoume que me puxese en contacto vós.

 

2.  Por qué se decidiu a publicar a súa obra? Cáles foron as súas motivacións?

Decidín publicar o meu traballo porque non quero que as cousas se esquezan, quero que perduren toda unha vida. Son traballos que me custaron moito sacrificio e esforzo e daríame moita pena que se perdesen, sendo tan noso e tan fermosos todo o relacionado co Entroido.

 

3.Qué publicou e por qué?

O traballo que publiquei é “Cantares e desafíos do Entroido”. Son pezas que escribín dende o ano 1970 ata hoxe.

 

4.Vantaxes de publicar con Meubook?

O publicar con Meubook tivo como vantaxe a axuda que me prestastes, pois non tiña experiencia para este traballo. Axudástesme tanto para face-lo libro como para darlle a forma final. Fostes vós os meus guías.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

" A experiencia Meubook" por Manuel Lamas

August 18, 2011 por Mibú  

Manuel Lamas, un lugués de Carballedo, afincado en Compostela. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, e autor de Sinfonía fiorentina.

Hoxe é o encargado de compartir a súa "Experiencia Meubook",recollida na seguinte entrevista:

 

 

- Cómo coñeceu Meubook?

Por un anuncio radiofónico.

 

-Qué publicou e por qué?

Publiquei unha novela. Porque era a maneira de controlar todo o proceso.

 

-Por qué decidiu a publicar con nós?

O gran atractivo foi conservar os dereitos de autor ao 100%, e polo tanto o control absoluto da obra.

 

- Ventaxes de publicar con Meubook?

É algo que aínda estou estudando, quizáis a sínxeleza.

 

- Qué lle parece o proyecto Meubook no seu conxunto?

En conxunto é moi atractivo pois dá saída a produtos literarios que de outra forma teríano moito máis complicado.

 

- Qué repercusión pode ter o feito de que meubook teña como principais clientes ás universidades, tendo en conta o seu público obxetivo?

En principio ben, pero no meu caso, unha novela, non creo que sexa moi determinante.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Maña presentación de "Cantares e desafíos do entroido" de Edita Cobas

August 4, 2011 por Mibú  

, , , , ,

Maña venres  ás 20h, Edita Cobas autora de  “Cantares e desafíos do entroido”; editado por Meubook, presentará o seu libro na Librería Trasgo Viaxeiro de  Cacheiras, donde contará coa preseza de Martiño Noriega, alcalde de Teo e Henrique Neyra, historiador.

Cantares e desafíos do entroido trátase dun recopilación  das mellores cantigas e regueifas propias do entroido de Teo, que está autora autodidacta, foi recollendo o longo dos anos.

Ademáis no acto, tamén terá lugar a presentación do libro  “Coplás ulláns e Cántigas da Ulla”, editado pola Asociación Raiceiros

Maña venres  ás 20h, Edita Cobas autora de  “Cantares e desafíos do entroido”; editado por Meubook, presentará o seu libro na Librería Trasgo Viaxeiro de  Cacheiras, donde contará coa preseza de Martiño Noriega, alcalde de Teo e Henrique Neyra, historiador.

Cantares e desafíos do entroido trátase dun recopilación  das mellores cantigas e regueifas propias do entroido de Teo, que está autora autodidacta, foi recollendo o longo dos anos.

Ademáis no acto, tamén terá lugar a presentación do libro  “Coplás ulláns e Cántigas da Ulla”, editado pola Asociación Raiceiros

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

“ A Experiencia Meubook” por José Estévez

August 3, 2011 por Mibú  

, , ,

Dentro do ciclo de entrevistas ós autores Meubook, hoxe recollemos a “experiencia” de José Estévez, autor do libro “Morte na muralla. Unha historia de amor con final feliz”.

 

José Estévez “Naceu en Guntín, provincia de Lugo no século pasado, nos anos da fame, 1954, pero como fillo de labregos nunca lle faltou un cacho de touciño,ovos, queixo e pan de centeo. El di que neses anos cincuenta e sesenta agardaba como auga de maio que viñera á casa algunha visita porque así podía probar o xamón, os chourizos e as galletas. Terminou as carreiras de Maxisterio e Dereito e empezou Empresariais e algunha máis... Opositou a auxiliar da Deputación de Lugo na que non chegou a estar nin tres anos porque aprobou as de Secretario Administración Local e estivo exercendo de tal en Baralla uns 13 anos, pasando de xefe de servizo de xestión económica á consellería de Industria no que estivo 6 anos. A partir de aí peregrinou polas consellerías de Xustiza, Asuntos Sociais e actualmente desempeña o posto de xefatura de sección xurídica no Sergas de Lugo. Colabora en diversos actos culturais e publica regularmente poemas na revista Xistral que edita o concello de Lugo. Actualmente está escribindo unha nova novela FUGAZ COINCIDENCIA e un libro de poemas polo de agora sen título”



 

 

Cómo coñeceu Meubook?

Eu coñecín o proxecto Meubook a través dos xornais, cando se presentou publicamente. E logo entrando na súa páxina web para ter máis información sobre o mesmo.

 

Por qué se decidiu a publicar a súa obra? Cáles foron as súas motivacións?

Decidinme a publicar porque a min non me vai ocorrer o que lle ocorreu a John Kennedy Toole que se suicidou logo de caer nunha depresión terrible, nunha depresión de cabalo ao ver rexeitada unha e outra vez polos editores chamémoslles tradicionais a súa novela A CONXURA DOS NECIOS, hoxe un dos libros máis vendidos. Dixen: a min no me rexeitan as obras porque non llelas vou enviar e punto. Por certo, a JKT déronlle o premio Pulitzer unha vez morto e vendeu e vende exemplares como rosquillas... ¡ironías do ingrato destino! Kafka tardou anos en vender 800 exemplares do seu primeiro libro e hoxe, morto, é un dos escritores máis lidos, editados, vendidos, citados e comentados do mundo...  ¡ironías do ingrato destino! ¿E que insinúo eu con isto? ¿Que eu podería ser o día de mañán un JKT ou un K.? ¡Que va...! Non, non, nin sequera me interesa. Eu se puidera, que non, sería un beseler para gañar millóns e vivir a corpo de rei... ¿Alguén pode dicirme que saca en limpo Cervantes -do que nin quedarán xa os ósos- cos millóns e millóns de exemplares vendidos do Quijote? Eu decidinme a publicar en Meubook para ver a miña novela, Morte na muralla, en formato libro e así poder tocala, manoseala, sobala, saboreala, dicirlle a dous ou tres amigos (non teño máis) que a merquen e que me digan que non vale un pemento que eu non me enfado, pero polo menos teño un libro en papel escrito por min... e así podería seguir. A satisfación de ver unha criatura túa no mercado para quen a queira ligar non ten prezo.

 

Qué publicou e por qué?

Publicar, publicar... para algún amigo e agora no feisbu e en Redelibros. Novelas: D. de Dilois, Talvez un machista, Xoel e agora Morte na muralla. Poemarios: De ida e volta, Amor platónico amor virtual, Atrozmenten con amor e  Fóra da lei. Tamén colaboro con poemas na revista poética Xistral que edita o concello de Lugo e na que publican afamados e coñecidos poetas como Luz Pozo Garza, Claudio Rodríguez Fer. Carmen Blanco, Isidro Novo, Helena Villar Janeiro, Olga Novo ou Xesús Rábade Paredes.

 

Por qué decidiu publicar con nós?

Porque non hai censura previa e porque funciona como autoedición, sen filtros. Se ti queres publicar publicas, con independencia de criterios de oportunidade ou calidade emitidos polos sabios da editora.

 

Ventaxes de publicar con Meubook?

¿Vantaxes? Pois que, como xa dixen, publicas o que ti queres publicar, escolles o formato, etc. Doutra banda, existe unha mínima difusión o que pon o teu libro ao alcalce daquel que o queira mercar, se ben o sistema de pago é algo complexo, pero.

 

Qué lle parece o proyecto Meubook no seu conxunto?

Interesante e novidoso en Galiza. Unha plataforma para calquera tipo de proxecto: novela, poemario, ensaio, libro de cociña, fotografías, etc. Creo que pretende ser unha porta aberta a calquera creación de calquera autor. Facilita, polo tanto, "o estar no mundo" ao visualizar no interné as obras.

comentarios (0)



0/5 (0 votos)