Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

diciembre de 2010

Como te podes bolechizar

December 31, 2010 por Mibú  

, , , , ,

1. Rexístrate en Meubook se aínda non o fixeras.

2. Entra aquí: http://www.meubook.com/pg/static/bolechizate

3. Selecciona as características da túa caricatura e sube unha foto túa na que se baseará a túa bolechización.

4. Preme sobre xerar caricatura.

5. Pincha co botón dereito na caricatura e gárgaa no teu equipo.

E xa está!

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Bolechizar bolechiceime na beira do mar...

December 28, 2010 por Mibú  

, , , , ,

 

Os meubookeiros están desbolechizados, quen os bolechizará?

O bolechizador que os bolechice, bo bolechizador será.

Se non es quen de repetir este trabalinguas cos ollos pechados, polo menos podes pasar á acción e poñerte nas mans de Meubook para que te bolechice.

Deberás rexistrarte se aínda non o fixeches, entrar aquí e subir a túa mellor foto. A nosa máquina bolechizadora fará o resto e ti entrarás a formar parte da historia dos Bolechas.

Incluso podes usar as fotos dos teus cativos e facerlles un agasallo realmente orixinal!

----------

Los meubookeros están desbolechizados, ¿quién los bolechizará?

El bolechizador que los bolechice, buen bolechizador será.

Si no eres capaz de repetir este trabalenguas con los ojos cerrados, al menos puedes pasar a la ación y ponerte en las manos de Meubook para que te bolechice.

Deberás registrarte si no lo has hecho ya, entrar aquí y subir tu mejor foto. Nuestr máquina bolechizadora se ecupará del resto y entrarás a formar parte de la historia de los Bolechas.

¡Hasta podrías usar las fotos de tus peques para hacerles un regalo realmente original!

comentarios (0)



0/5 (0 votos)

Eu tamén son Bolechas

December 21, 2010 por Mibú  

, ,

Grazas a Meubook os Bolechas abren o seu mundo. Partindo dunha foto propia o usuario pode construír un avatar e verse integrado no mundo creado por Pepe Carreiro. O proxecto preséntase hoxe, martes 21, ás 13:15 na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela.

Meubook chegou a un acordo con Pepe Carreiro e desenvolveu unha ferramenta que permite a creación dun conto personalizado a través da web. Baseándose na tecnoloxía de recoñecemento facial, e a partir da introdución duns poucos datos fisionómicos, un avanzado programa de caricaturización elabora unha imaxe do usuario adaptada ao mundo creado por Pepe Carreiro, que como personaxe dos Bolechas protagonizará unha historia creada para a ocasión. O libro ten un prezo de 19,99 euros, e pode ser solicitado a través da web ou encomendado ao libreiro de confianza en seis idiomas: galego, castelán, catalán, vasco, aranés e portugués.

O conto personalizado dos Bolechas é un novo produto de Meubook, unha plataforma que pretende ofrecer servizos eficientes e polivalentes para lectores e editores. Orixinalmente galega, a plataforma Meubook pretende achegarse ao usuario do ecosistema do libro en varias linguas: galego, castelán, catalán, vasco, portugués, inglés e francés.

comentarios (2)



4.5/5 (2 votos)