Entrar

 
usuario
 
 
 
Cerrar

registro




Idioma en el que deseas que Meubook se comunique contigo.

 
  • Identifícate
  • Regístrate

 

en

Alvarellos, segunda xeración de editores

March 9, 2011 por Alvarellos Editora  

Dende a súa orixe, Alvarellos Editora foi unha empresa familiar. O seu fundador soía ironizar definindo a súa editorial como “sociedade limitadísima”. Moitos dos libros eran concebidos, maquetados, impresos e distribuídos polo propio editor. Polo tanto, moito sacrificio e extraordinaria ilusión pola cultura e identidade de Galicia foron os ingredientes básicos para manter a actividade desta empresa durante as tres longas décadas nas que estivo dirixida por Enrique Alvarellos Iglesias.

En xuño de 2004 a responsabilidade da empresa pasou a unha segunda xeración de propietarios. Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968), xornalista e autor de varios libros, é o director dende ese momento. A actividade empresarial desenvólvese entre Lugo e Santiago de Compostela. A empresa continúa a ser familiar, leva con orgullo o feito de ser unha das tres editoras máis veteranas de Galicia, e afronta o século XXI con criterios de expansión e modernidade.



Nesta liña, Alvarellos Editora comezou o ano 2005 relanzando a súa colección de Facsímiles (reedicións da España Sagrada, Obras Completas do Cura de Fruíme ou a Arquitectura de Vitrubio) e a Colección Clásicos (comezando coa obra Bandas de Música de Galicia) e poñendo en marcha a nova colección “Rescate”, unha serie de volumes nos que se recuperan textos esquecidos de plumas senlleiras da nosa cultura. O primeiro deles —que saíu á rúa en abril de 2005— é o libro Viajes y yantares por Galicia, que recolle 37 artigos perdidos de Álvaro Cunqueiro, publicados nos anos 50 e 60 na popularísima revista Vida Gallega.

 

comentarios (0)



0/5 (0 votos)